El concello cambia el recorrido de la Cabalgata de Reyes en Viveiro, más corto: saldrá de la explanada de la variante y acabará en la Plaza Mayor
A MARIÑA
«Por seguridade e visibilidade», explican, y para evitar horas de frío; a cambio, descentralizarán por las parroquias las actividades culturales y los Reyes Magos visitarán varios centros por la mañana
20 dic 2025 . Actualizado a las 12:50 h.El Concello de Viveiro cambiará el recorrido de la Cabalgata de Reyes, lo hará más corto: el desfile saldrá de la explanada de la variante y acabará en la Plaza Mayor. Desde el concello explican que lo hacen por «seguridade e visibilidade» y por evitar horas de frío tanto a los participantes como a quienes esperan el desfile en las calles, ya que entienden que el recorrido desde Celeiro hasta Covas y la vuelta era muy largo. A cambio, descentralizarán las actividades por las parroquias y los Reyes visitarán por la mañana varios centros.
«O Concello de Viveiro modificará este ano o percorrido da Cabalgata de Reis co obxectivo de mellorar o seu desenvolvemento, facilitar o desfrute das familias e reforzar as condicións de seguridade -indican desde el concello-, especialmente no que atinxe á participación dos nenos e nenas. En anos anteriores, a cabalgata realizaba un percorrido moi amplo, con saída desde Celeiro, paso por Covas e chegada á Praza Maior. Este trazado prolongábase durante varias horas, o que provocaba que a recepción final dos Reis Magos se retrasase de xeito notable e que moitos nenos e nenas tivesen que agardar en condicións pouco axeitadas, especialmente en días de frío ou mal tempo, frecuentes nesta época do ano».
Añaden desde el gobierno local: «Ademais, tratábase dun itinerario moi extenso e disperso, con tramos nos que apenas se concentraba público. Isto dificultaba tanto a visualización do desfile como a organización e a seguridade das persoas participantes, en particular dos menores que acompañaban á comitiva. Por este motivo, o Concello optou este ano por un percorrido máis curto e concentrado, que partirá da explanada da Variante e discorrerá polas rúas do centro urbano ata a Praza Maior. Seguirá un itinerario similar ao doutros desfiles festivos. O novo trazado permitirá unha maior concentración do público, unha mellor visibilidade da Cabalgata e que os Reis Magos cheguen antes ao punto final. Deste xeito, disporán de máis tempo para recibir a todos os nenos e nenas».
«A decisión tamén responde a criterios de seguridade -siguen apuntando-. Reducirase o tempo de exposición ao frío e ás posibles inclemencias meteorolóxicas, tanto para os participantes como para o público asistente, e facilitarase a organización do dispositivo de protección. Esta modificación non supón unha renuncia á presenza da programación de Nadal nas parroquias. Pola contra, enmárcase nunha estratexia máis ampla de descentralización cultural que inclúe concertos e actividades nas parroquias e, como novidade este ano, visitas dos Reis Magos a varios espazos socioculturais do rural, en horario de mañá, para que os nenos e nenas poidan achegarse a eles e entregar as súas cartas».
«Deste xeito, o Concello de Viveiro aposta por combinar unha cabalgata máis segura e accesible no núcleo urbano, cun achegamento directo das actividades e dos propios Reis Magos ás parroquias. Tamén se reforzará o carácter inclusivo e próximo da programación de Nadal», concluyen.