914 emigrantes galegos retornaron á provincia de Lugo só en 2024

La Voz

A MARIÑA

Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración PACO RODRÍGUEZ

A Xunta axúdaos e asesóraos despois para encontrar traballo e casa na súa zona de orixe

16 dic 2025 . Actualizado a las 10:42 h.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda -xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias- informou onte en Lugo que 914 galegos retornaron á provincia lucense o pasado ano 2024 grazas ás axudas da Xunta.

Durante a súa intervención, Miranda subliñou que «non falamos dun conxunto de axudas illadas, senón dun modelo que acompaña as persoas desde o momento que se propoñen a idea de regresar ata súa plena integración. No ano 2024 retornaron, dixo, 914 galegos á provincia de Lugo, consolidando así a tendencia á alza dos últimos anos», destacou.

Rodríguez Miranda puxo á provincia de Lugo «como exemplo do impacto real do retorno. Só no ámbito das axudas extraordinarias ao retorno -explicou-, Lugo pasou de 13 beneficiarios en 2018 a 133 en 2025, cun investimento que medrou de 23.150 euros a máis de 412.500 euros neste último exercicio. En total, desde 2018 mobilizáronse na provincia máis de 1,7 millóns de euros en diferentes liñas de apoio ao retorno».

Miranda indicou que «estas axudas non son periódicas asistenciais, senón un colchón de estabilidade inicial que permite afrontar os primeiros gastos da volta, como a vivenda, a regularización administrativa ou a integración familiar», e insistiu en que sen ese apoio inicial «moitos proxectos de vida de retorno terían moitas máis dificultades».

A Oficina Integral do Retorno, sinalou, «é unha peza clave para a eficacia deste proxecto da Xunta; grazas a el 32.000 familias retornaron a Galicia o pasado ano».