O goberno de Ribadeo defende ao edil que vendeu unha estrutura de madeira nunha plataforma «online»
A MARIÑA
O BNG critica esta venda, mentres os populares explican que se trata dunha operación privada
11 dic 2025 . Actualizado a las 19:16 h.O equipo de goberno do Concello de Ribadeo rexeita as críticas realizadas polo BNG nas que a formación nacionalista acusa a un concelleiro popular de vender en liña unha estrutura retirada por operarios municipais dunha finca da que o Concello dispón mediante un convenio cun construtor.
Desde o equipo de goberno aseguran que «é falso o que están a dicir desde o BNG, que o único que buscan é o desprestixio das persoas. Estamos a falar de algo que corresponde ao ámbito privado deste compañeiro concelleiro». «Non é unha finca municipal e a estrutura non foi retirada por operarios municipais», afirman. Dende o BNG criticaban «que un concelleiro do PP de Ribadeo poña á venda nunha plataforma on-line unha estrutura procedente dunha finca da que dispón o concello».