Esta semana ya comenzaron las primeras sesiones de trabajo con productores interesados; A Mariña fue seleccionada en un programa de la Secretaría de Estado de Turismo
28 nov 2025 . Actualizado a las 14:07 h.La Mancomunidad de Municipios de A Mariña lucense participa en una novedosa experiencia en España para fomentar el agroturismo. Esta misma semana, tal como explican, comenzaron las primeras sesiones de trabajo.
«Si, a Mancomunidade participou esta semana nas primeiras sesións de traballo para a implantación na Mariña do Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), unha iniciativa impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo a través de SEGITUR. A Mariña foi o único destino galego seleccionado para participar neste programa, do que tamén forman parte a Deputación de Cáceres, a illa de Fuerteventura, o municipio de Deltebre, en Tarragona, e Valencia, todos membros da Rede de Destinos Intelixentes», explica la presidenta de la Mancomunidad, Rocío López.
Rocío López también indica que participa en esta experiencia turística el sector primario, «trátase dun proxecto que ten como obxecto motivar a participación do sector primario no sistema turístico local, estruturando experiencias agroturísticas sostibles e atractivas que, sen distorsionar a actividade principal, xeren ingresos ou ventas directas e indirectas, contribuíndo a dar visibilidade aos produtos, capaces de enriquecer e diversificar a oferta do destino».
«No proceso de implantación deste programa, os técnicos responsables aportarán asesoramento a produtores do sector gastronómico para a creación e optimización de experiencias turísticas e tamén aportarán un plan de acción conxunto e de destino para consolidar a súa integración no sistema turístico», añade.
Primeros pasos en A Mariña
Este proyecto comenzó en A Mariña este pasado martes, día 25, con una jornada de trabajo en la que participaron técnicos de la Mancomunidad y un grupo de 10 productores y empresas seleccionadas. «A xornada do martes estivo estruturada en dúas sesións: un encontro co chamado Grupo de Contraste e un obradoiro de formación para a creación de experiencias dirixido a un grupo de axentes locais seleccionados para conformar un escenario diverso e representativo. A reunión do Grupo de Contraste contou coa presenza de representantes de Turismo Slow norte de Galicia, Colectivo de Gastronomía da Mariña, Cooperativa Terras da Mariña/IXP Faba de Lourenzá, GDR Terras de Miranda, membros da mesa de calidade do SICTED na Mariña, unha axencia de viaxes e os centros de formación IES de Foz e CFA Pedro Murias de Ribadeo», comenta Rocío López.
«Pola súa parte, o primeiro obradoiro de formación conxunta para a creación de experiencias agroturísticas foi participado por 10 produtores e pequenas empresas transformadoras e comercializadoras do destino. Foi un encontro intenso e dinámico no que se abordou o perfil do promotor como anfitrión e empresario, as boas ideas como punto de partida, os clientes, a construción das experiencias dentro do modelo sostible e a súa axeitada xestión. Estes axentes recibirán ao longo desta semana asesoramentos personalizados para traballar de forma mais concreta sobre as experiencias que desexen motivar ou mellorar», apunta.
Rocío López cuenta que «a implantación do modelo continuará ata o mes de abril con novas sesións colectivas e asesoramentos individualizados para avanzar na elaboración destas experiencias agroturísticas, que favorecen a consolidación dun modelo de turismo máis sostible ao que se aspira desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense».