Charla este luns pola tarde en Xove sobre «Trastornos na adolescencia e prevención do suicio»

La Voz

A MARIÑA

CAPOTILLO

Será ás catro no salón de actos municipal, impartida por Rocío Rey, Educadora Social

13 oct 2025 . Actualizado a las 13:28 h.

Desde o Departamento de Servizos Soiais do Concello de Xove comunican que este luns, día 13, a partir das 16 horas levarase a cabo no Salón de Actos Municipal do Concello, unha charla que leva por título «Trastornos na adolescencia e prevención do suicidio». Esta charla será impartida pola Educadora Social Rocío Rey, que eva 17 anos traballando con nenos e adolescentes.

Este curso ten como finalidade ofrecer ferramentas ás familias, coidadoras e coidadores, así como mestres e mestras, para comprender os trastornos psicolóxicos máis comúns na infancia e na adolescencia, poder identificar sinais de alerta e previr condutas suicidas. «Falarase tamén dos pasos a seguir si nos atopamos ante un caso de ideación suicida, todo isto, baixo unha mirada de comprensión hacia o neno, nena, ou adolescente, pero tamén hacia as familias e persoas que os rodean», explican.