Foro Rural Urbano e Social, legalmente constituído en asociación dende fai moitos anos, quere volver retomar a súa loita cara a buscar melloras e alternativas que beneficien ó noso Concello, vendo que existe un choque na vida municipal de cousas moi importantes para os nosos veciños. Hoxe centrámonos na proposta de compra do edificio que está enfrente da Casa de Cultura para a construción de Vivendas Sociais para os veciños; á proposta -ó noso modo de ver- da alcaldía e grupo de goberno, díxoselle que no con evasivas que nada convencen a esta asociación; temos que recordar que pasaba o mesmo cando compramos a Sala Bahía e todos os terreos que a circundaban, precisamente para facer Vivenda Social, que alí están feitas, e construír unha gardería de 0- a 3 anos, e remodelar e ampliar a Sala para actos de todo tipo.
Saben canto nos costou? 500.000 euros, coincide a cifra, pero dixemos SI a esa compra porque era necesaria, aquí ocorre exactamente o mesmo, é necesario ese suelo para construír vivenda social para quen no na ten, e débese buscar a fórmula necesaria para conseguilo.
O Concello pode ir á compra dese edificio, pero tamén pode negociar co Goberno do Estado para que a Sareb poida poñer ese crédito a anos de carencia e con pagos anuales blandos, había que ver esa posibilidade. A segunda posibilidade está en onde teñen a competencia da Vivenda, a Xunta de Galicia, debera poñer o diñeiro para a construción de ditas vivendas porque vai ser un proxecto creíble con centos de peticións, e a iso vai ser dificil que lle dean para atrás.
Desde Forus Foz sabemos o que significa a loita polas cousas, pero nunca se debe de abandonar e hai que seguir cando o que se busca é xustiza ata facer ver ó gobernante que cando hai razón hai que dala.
Isto é todo de momento, seguiremos facendo chegar outras cuestións que nos preocupan e que traballaremos para poder axudar a resolvelas.
Forus Foz ? Xunta Directiva.
Presidente e Portavoz, José María García Rivera.