Vicepresidencia da Deputación e Concello de Barreiros destacan «o gran ambiente e a expectación» que xenerou a Volta a Galicia

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Con saída e meta en San Cosme e cun recorrido inédito pola Mariña, moita xente disfrutou coa subida ao Monte Comado e coa carreira, non como na Volta a España con protestas

14 sep 2025 . Actualizado a las 15:06 h.

A Vicepresidencia da Deputación e o Concello de Barreiros destacan «o gran ambiente e a expectación» que xenerou o paso da Volta a Galicia San Cosme reuniu numeroso público para ver a saída e chegada dos ciclistas, que completaron un percorrido inédito pola Mariña. En San Cosme instalouse a saída e a meta da carreira.

O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García, tamén concelleiro de Participación e Dinamización Veciñal, subliñou «a presenza de numeroso público que se achegou a San Cosme xa antes da saída» e que puido seguir a loxística dos equipos e os adestramentos e preparativos previos ao inicio da carreira, que comezou a carón da Praza do Concello. Os corredores volveron ao Concello de Barreiros para os últimos trinta quilómetros do percorrido, con puntos de dificultade como a subida ao Monte Comado, calificada como porto de montaña de segunda categoría. Nos quilómetros finais impúxose o corredor estadounidense Jesse Maris, que foi o primeiro en cruzar a liña de meta en San Cosme.

O tenente de alcaldesa de Barreiros Antonio Veiga puxo en relevo «a gran resposta da veciñanza nun día fabuloso» e destacou a relevancia de que «a Federación Galega e a Vicepresidencia da Deputación apostasen por Barreiros para unha etapa decisiva para unha competición de gran nivel como é a Volta a Galicia».

Un percorrido inédito pola Mariña

Barreiros foi o epicentro dunha etapa de 147 quilómetros pola Mariña, que contou co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que e extendeu o espectáculo do ciclismo polos concellos de Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada trazando un percorrido inédito na historia da Volta a Galicia.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro subliñou neste sentido que “«na Mariña hai moitísima afección ao ciclismo pero non ven tantas veces o ciclismo de competición, polo que foi unha oportunidade marabillosa para disfrutar del». A Volta a Galicia reuniu máis de 120 corredores das categorías Sub23 e Elite de 17 equipos. Moita xente disfrutou co percorrido e da competición deportiva, non como na Volta a España en Vegadeo con protestas pola presenza dun equipo israelí.