Pechará as Xornadas de Historia Local ás 20.30 na Casa da Cultura
30 jul 2025 . Actualizado a las 21:18 h.As xornadas de historia organizadas pola asociación A Pomba do Arco chegarán este xoves, 31 de xullo, ao seu remate cunha charla ás 20.30 na Casa da Cultura de Foz a cargo do presidente da asociación Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, que falará dos castros, das covas e das antigas minas romanas de ouro en Foz, que el descubriu e das que é un experto coma tamén nos xacementos antigos existentes.
Destacará aspectos de máis relevancia do patrimonio focego, reparando nos castros e nos xacementos que dan conta da presenza romana, nas antigas minas, ou en espazos de gran significación como a Frouseira, onde están os restos da fortaleza do mariscal Pardo de Cela.