Homenaxearán cunhas pracas conmemorativas a 9 asesinados polo franquismo en Muras, a 22 en Ourol e a 44 en Viveiro

La Voz

A MARIÑA

No disponible

Os promotores xa se puxeron en contacto e organizaron o acto co concello viveirense

29 jul 2025 . Actualizado a las 13:37 h.

A comisión promotora do monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal, tamén vai organizar unha homenaxe cunhas pracas conmemorativas en lembranza dos 9 asesinados en Muras, 22 en Ourol e 44 en Viveiro.

«Tras a inauguración en febreiro de 2024 do monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal -explican-, a Comisión Pro Memorial promotora do Monumento tras alcanzar o seu obxectivo disolveuse. Non obstante quedaron nas mentes de familiares de vítimas da provincia de Lugo asistentes ao acto que contactaron connosco para tentar facer algo similar. E tres membros, Anxo Currás, Ton Blanco e Xavier Dongil collemos a luva e comezamos esa ilusionante andaina: rescatar do esquecemento e dignificar ás victimas de Franco na provincia de Lugo. Tivemos que documentarnos, escoitar os relatos dos seus familiares, a dor, recibir expedientes, certificacións de exhumación, etc. O seguinte paso foi solicitar audiencia cos alcaldes desas tres localidades, comezando por: Luis Pajón alcalde de Ourol polo PSOE, Manuel Requeijo alcalde de Muras polo BNG e María Loureiro alcaldesa de Viveiro polo PSOE e celebrar un primeiro encontro en cada unha deles. Tras expoñer o proxecto da instalación dunhas placas que lembren os nomes dás vítimas mortais da sublevación militar fascista e da ditadura, co lema: EN LEMBRANZA DOS ASASINADOS POLA BARBARIE FRANQUISTA AO DEFERENDEREN A LEGALIDADE RESPUBLICANA E AS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS. Así como a elaboración dun Caderno divulgativo e didáctico, compartido nos tres concellos, onde figurasen os listaxes das vítimas, as circunstancias e contexto histórico».

Sinalan que «estes concellos foron un territorio especialmente afectado pola represión. Entendendo a necesaria difusión da historia de quen loitaron polos seus dereitos e liberdades, evitando que ás vítimas do franquismo continúen padecendo a discriminación e a inxustiza e que o paso do tempo leve ao seu esquecemento. A receptividade foi a nota dominante. Por mor dese encontro constatamos a crueldade dos fascistas: en Ourol, o caso de: “as mulleres da familia Casabella”, nai, fillas e neta, unhas abrasadas dentro da súa casa incendiada polos fascistas e outras abatidas ao fuxir das chamas, e todo iso por dar para comer a un fuxido. En Muras cercaron e asasinaron a un grupo de cinco guerrilleiros antifranquistas refuxiados nunha casa: Celia González Pernas, embarazada, Juan Gallego Abeledo, xefe do grupo e natural de Mugardos, Josefa Escourido Cobo, Juan Pérez Dopico e Juan Pedreira de la Iglesia. En Viveiro, entre as decenas de executados e paseados figuran desde o propio alcalde, Balbino Cerdeiras, Cesar Parapar tenente alcalde, Xavier Soto concelleiro, Ángel Fraga mestre, Ángel Varela mineiro da CNT e Manuel Guerreiro labrador e dirixente socialista. Había que tentar contabilizar o número exacto de vítimas, por iso ao regresar contactamos con dous historiadores que realizaran traballos de investigación na zona: Carlos Nuevo, de Viveiro e Eliseo Fernández, de Ferrol. A contribución de ambos lanzou a cifra de nove asasinados/as en Muras, 22 asasinados/as en Ourol e 44 asasinados en Viveiro. Tras solicitar orzamentos en pedra, metal etc. en distintos talleres de Ferrolterra, foi aceptado».

«Unha moción de censura o 7 de marzo deste ano en Viveiro provocou un cambio de alcaldía, o que retardou todo e tivemos que reiniciar o proceso co novo goberno do Partido Popular. O día 22 Xullo nunha reunión coa alcaldesa á que asistiu tamén o concelleiro Manuel Galdo e o cronista de Viveiro, Carlos Nuevo, por fin pechamos o ciclo cun acordo. Por xustiza, por fin as vítimas terán a súa merecida homenaxe e recoñecemento», conclúen.