Vidal Martínez falará este martes en Foz dos maragatos na Mariña, con negocios importantes aínda hoxe

La Voz

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Dentro do programa das Xornadas de Historia Local organizadas pola asociación A Pomba do Arco ás 20.30

28 jul 2025 . Actualizado a las 21:31 h.

As xornadas de historia organizadas pola asociación A Pomba do Arco continúan este martes ás 20:30 na Casa da Cultura de Foz co investigador laurentino Vidal Martínez-Sierra, quen falará da presenza dos maragatos na Mariña. Martínez-Sierra ten documentado que os maragatos comezaron a asentarse na comarca a finais do século XIX, ficando aínda na zona moitas familias desa orixe en localidades como Mondoñedo, Ribadeo, Foz, Lourenzá ou Cervo.

Falará dos Rodríguez Alonso de Lourenzá, dedicados aos negocios do xamón; dos Morán de Mondoñedo, empresarios do transporte cuxo negocio continúas os seus descendentes; dos Xan Netos de Mondoñedo, propietarios de Almacéns Otero; dos Blas Otero de Cervo, titulares do Almacén; ou dos Nistales, de Transportes Ribadeo.

E falará dos maragatos en Foz. Neste sentido Martínez-Sierra explicará a relación dos maragatos con Foz a través catro familias, cuxos descendentes continúa relacionadas coa localidade. Una delas, residía na Plazuela, nun vivenda situada fronte á actual á Casa da Cultura, sendo o primeiro membro da mesma que chegou a Foz Antonio Alonso Rodríguez. Outra, emprazouse na zona do porto, primeiramente no inmóbel que despois foi o bar O Lar, e tivo como primeira a Jesús Rodriguez. Juan Francisco Morán tivo a súa vivenda no barrio focego de Vilaxoane e Esteban García Seco en Nois.