O PSOE destaca o traballo do dispositivo de Emerxencias e a colaboración veciñal pola alerta na situación da auga en Viveiro

La Voz

A MARIÑA

El pico de contaminación del Landro junto a la potabilizadora municipal, situada en Landrove, se detectó en las primeras horas de la tarde del pasado viernes
El pico de contaminación del Landro junto a la potabilizadora municipal, situada en Landrove, se detectó en las primeras horas de la tarde del pasado viernes PEPA LOSADA

«Trasladamos a nosa disposición a colaborar co concello naquelo que precisasen», di María Loureiro

09 jun 2025 . Actualizado a las 18:10 h.

O PSdeG-PSOE de Viveiro trasladar publicamente o seu agradecemento «a todos os equipos e persoas que traballaron incansablemente durante a fin de semana para facer fronte á situación xerada pola vertedura de purín no río Landro e as consecuencias sobre o subministro de auga no municipio».

A voceira socialista, María Loureiro, quixo recoñecer «o despregamento e o esforzo incansable do persoal de Medio Ambiente, Bombeiros, Policía Local, Protección Civil e dos técnicos do Concello. Tamén a colaboración do Concello de Cervo e da empresa subministradora Viaqua. Traballaron sen descanso para garantir a seguridade da veciñanza e a continuidade do servizo», apuntou.

Desde o PSdeG-PSOE de Viveiro poñen tamén en valor o comportamento exemplar da cidadanía. «Queremos dar as grazas ás veciñas e veciños de Viveiro, que unha vez máis entenderon a situación extraordinaria e colaboraron en todo, con responsabilidade e calma», expresou Loureiro.

Neste contexto, María Loureiro mantivo contacto coa alcaldesa Mariña Gueimunde, para interesarse directamente pola evolución da situación e trasladar a súa disposición a colaborar en todo aquilo que precisasen. Desde o PSdeG-PSOE destacan «a importancia de manter canles de comunicación fluídas e lealdade institucional en momentos sensibles para o municipio».

«O importante nestas situacións é deixar a un lado as diferenzas políticas e sumar esforzos. A unidade é clave cando falamos da saúde e do benestar da nosa veciñanza», finaliza María Loureiro.