El Sergas explica que los refuerzos especiales en Cardiología y Medicina Interna en el Hospital da Mariña «permitiron atender a 300 pacientes nos últimos días»
A MARIÑA
Especialistas del HULA se desplazan a Burela para reforzar el servicio; anuncian que hay en marcha un concurso para cubrir 17 plazas de médico en el hospital de la costa
04 jun 2025 . Actualizado a las 17:37 h.Desde el Sergas explican que los refuerzos especiales en Cardiología y Medicina Interna en el Hospital Público da Mariña «permitiron atender xa preto de 300 pacientes nos úlitmos días».
«As medidas de reforzo especial adoptadas pola Consellería de Sanidade e a Xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos -expresan en un comunicado de prensa-, orientadas a reforzar a asistencia sanitaria no Hospital Público da Mariña con máis persoal e a fortalecer a atención de proximidade e calidade que se presta neste hospital, permitiron atender só nestes últimos días máis de 300 pacientes do servizo de Cardioloxía deste centro, ademais do traballo realizado na área de Medicina Interna, tanto en hospitalización como en consultas externas».
«Nos últimos días -añaden- efectuáronse reforzos especiais nalgúns servizos do Hospital da Mariña, como o de Cardioloxía ou Medicina Interna, grazas ao apoio de especialistas do Hospital Universitario Lucus Augusti, que se desprazan a Burela para reforzar a atención neste centro hospitalario. A dita medida está posibilitando axilizar a atención e mellorar os tempos de resposta, mentres non se resolva a OPE en marcha que permita aumentar o número de especialistas no Hospital da Mariña. Ademais, estase a priorizar a atención aos pacientes en función da súa patoloxía e da súa gravidade».
Desde el Sergas reiteran también en la nota de prensa el problema generalizado de la falta de médicos. «A Consellería de Sanidade e a Xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos compromete, unha vez máis, todo o seu esforzo na busca e na adopción das medidas que sexan necesarias para seguir reforzando a asistencia sanitaria no Hospital Público da Mariña con máis persoal e cos recursos necesarios para garantir, así, unha asistencia de calidade próxima aos usuarios deste distrito e cos máximos estándares de calidade. O problema de falta de médicos afecta a todo o Sistema Nacional de Saúde, a todo o Estado español, e é especialmente acusado no caso dos hospitais comarcais, onde a dificultade para cubrir as prazas vacantes é maior. Neste senso, desde a Xunta adoptáronse medidas para facer máis atractivas estas prazas e véñense reclamando ao Goberno de España, que é quen ten a responsabilidade, a adopción de medidas eficaces fronte ao déficit de profesionais».
«Na actualidade, a Xunta ten en marcha procesos para cubrir 17 prazas de especialista no Hospital da Mariña, procesos que xa permitiron incorporar a este hospital cinco especialistas con praza en propiedade en distintos servizos: Cardioloxía, Aparello Dixestivo, Medicina Interna, Farmacia Hospitalaria e Anatomía Patolóxica. O resto de prazas están pendentes de que se resolva a segunda fase deste proceso, que posibilitará cubrir todas ou case todas elas», recuerdan.
«Un cadro de persoal que non parou de medrar con máis de 700 traballadores»
El Sergas señala también que «o cadro de persoal non parou de medrar nos últimos anos. Desde o ano 2010 o Hospital Público da Mariña aumentou o número de traballadores en 154 profesionais, o que supón máis dun 28 % de incremento, superando neste momento os 700 profesionais, que o converten nun dos motores económicos máis importantes da comarca».
«Dende a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos agradecemos o esforzo, traballo e dedicación ao paciente dos profesionais do Hospital Público da Mariña, pero tamén dos especialistas doutros hospitais da rede do Sergas, como o HULA ou o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, entre outros, que se desprazan á Mariña sempre que é preciso para reforzar os distintos servizos hospitalarios, tanto en gardas como en consultas, apoiando a xestión de mostras, informes de biopsias ou consultas especializadas, así como garantido todas as presenzas no Servizo de Urxencias e unha atención continuada de calidade e que os pacientes de A Mariña reciban a mesma atención de calidade que calquera outro usuario galego», continúan señalando.
«O traballo do Hospital Público da Mariña e dos seus profesionais queda reflectido en datos. O ano pasado realizáronse neste hospital preto de 5.400 operacións cirúrxicas (230 máis que no ano anterior)», concluyen.