«Tratábase dun acordo político no contexto da moción de censura», expican, aunque añaden que la institución provincial destinará 2 millones de inversiones a Viveiro en dos años en distintos planes
28 may 2025 . Actualizado a las 14:36 h.El PSOE desmiente que la Diputación Provincial prometiese un millón de euros para Viveiro, como reclama la actual alcaldesa, la popular Mariña Gueimunde. «Tratábase dun acordo político no contexto da moción de censura», explican los socialistas, que añaden que, no obstante, la institución provincial invertirá en Viveiro en distintas partidas 2 millones en los próximos dos años.
«O PSdeG-PSOE de Viveiro desminte as recentes declaracións da Alcaldesa Mariña Gueimunde, nas que se acusa falsamente á Deputación de Lugo de incumprir supostos compromisos co municipio. A realidade é que nunca existiu unha promesa directa dun millón de euros, como se está a suxerir. Trátase dun acordo político no contexto da moción de censura, no que se incluían actuacións concretas para Viveiro e no que cada parte se comprometía a buscar financiamento. Foi Mariña Gueimunde quen asumiu ese compromiso para acceder á Alcaldía, polo que agora lle corresponde asumir a súa parte», aclara la portavoz socialista, María Loureiro.
«Como da Xunta de Galicia non había resposta nin compromiso buscouse financiamento na Deputación. Agora quere presentar ese mesmo acordo como unha promesa incumprida, cando en realidade é parte do pacto político que lle permitiu chegar ao goberno», añade María Loureiro.
Desde el PSdeG recuerdan «que a colaboración da Deputación con Viveiro é constante, sostida no tempo e cuantificable. Entre 2025 e 2027, a achega da institución provincial supera os dous millóns de euros, sumando fondos do Plan Único, convenios asinados e actuacións en execución. Entre as actuacións destacan: a mellora da rúa do Porto de Celeiro; a renovación das beirarrúas de Magazos; a instalación dunha nova deshumectadora na piscina municipal e a renovación da maquinaria; a modernización da fontanaría no campo de fútbol Marcos Gómez; o arranxo do Barrio do Conexo en Covas; e a adquisición de maquinaria para as instalacións deportivas, cun investimento específico de 50.000 euros».
«O Partido Popular non pode falar de abandono institucional cando máis do 90% das obras actualmente en marcha en Viveiro contan con financiamento da Deputación. O actual goberno municipal debería centrarse en cumprir os compromisos que asumiu e deixar de poñer en dúbida os que xa están executándose con fondos provinciais», afirma la portavoz socialista, María Loureiro.
Loureiro critica también que «a alcaldesa proporcione á veciñanza unha información incompleta e interesada. Onte acudiu á Deputación para participar nunha reunión institucional coa finalidade de asinar un convenio de colaboración sobre a Semana Santa, pero evitou facer referencia a ese acto público e aproveitou a ocasión para repetir un discurso de victimismo e presión política. En lugar de poñer en valor a colaboración que existente entre ambas administracións, optou por reclamar investimentos que xa están en marcha ou que, directamente, son competencia da Xunta de Galicia».
En este sentido, Loureiro recuerda «que o Conservatorio Profesional de Música é unha ensinanza regrada e, como tal, debería ser asumida pola administración autonómica. A Xunta comprometeuse verbalmente a financiar o 30 % do custo anual -uns 300.000 euros-, pero ata o momento non houbo ningunha achega nin anuncio oficial. A alcaldesa reuniuse co conselleiro, pero non obtivo ningún resultado concreto. Se esixe á Deputación, tamén debe esixir con firmeza en Santiago».
En relación a la situación económico-financiera del Concello de Viveiro, «o PsdeG de Viveiro rexeita con contundencia a idea dun suposto “burato herdado”. Lembramos que os orzamentos, subvencións e expedientes en tramitación forman parte da actividade ordinaria dun Goberno activo. Non se puido pechar todo o que estaba en marcha debido a unha moción de censura executada nun prazo de apenas dez días. Falar de débeda herdada é, ademais de falso, un intento de eludir responsabilidades presentes. O goberno socialista deixou proxectos en marcha, convenios asinados e investimentos comprometidos. Quen goberna agora debe asumir a súa responsabilidade e exercer a xestión con rigor e lealdade institucional, sen recorrer a discursos victimistas nin a falsas acusacións», concluyen.