As Letras Galegas xa están aquí: actividades da axenda festiva e reivindicativa na Mariña
VIVEIRO/ LA VOZ
A MARIÑA
16 may 2025 . Actualizado a las 13:26 h.
Son varias as citas programadas na Mariña con motivo do Día das Letras Galegas (17 de maio) que é festivo autonómico. Aquí a axenda festiva e reivindicativa pola lingua galega, que xa o pasado mércores ofreceu unha cita dende Lourenzá, onde A Xanela do Maxín. representou o espectáculo «Dende Rosalía ata as cantareiras» o pasado mércores 14, anticipándose á celebración das Letras Galegas na Mariña:
- RIBADEO. A Banda Municipal de Música de Ribadeo actuará este venres 16 no auditorio, ás 20.30 horas. Estrearán catro pezas. O 17 será o concerto de Felisa e Montse, «Axudádeme a cantar» e tamén o Concerto das Letras Galegas de As 4 Patas do Banco.
- VIVEIRO. A axenda local reiníciase este venres 16 cunha actividade na biblioteca municipal ás 18.00 horas, para público familiar. Trátase de «Das Pandereteiras de Mens ás Tanxugueiras» (reservas no teléfono 982 570 606). O sábado, día grande, interpretarase ás 12.00 o Himno de Galicia no balcón da biblioteca, a cargo de David Bellas, continuando coa actuación dos grupos infantil e xuvenil de Bágoas da Terra, o Coro Infantil do Lois Tobío e a Coral Polifónica Alborada (en caso de choiva será no Teatro Pastor Díaz).
- FOZ. «Lettering co cancioneiro popular galego» é o obradoiro creativo que o Concello de Foz celebrará na biblioteca este venres 16, ás 18.30, para maiores de 7 anos. Anotan no 982 140 675. A agrupación A Subela fará este venres un percorrido polos centros educativos de Foz: Fondo Nois, Martínez Otero, Nosa Señora do Pilar, O Cantel e Número 1. Ao IES foron onte.
- BURELA. «Lévame a idea» será este venres 16 un recoñecemento ás creadoras e divulgadoras da música de tradición oral galega, ás 20.00 horas na Casa da Cultura. Pero antes, ás 17.00, haberá un concerto da Escola Municipal de Música burelense.
- CERVO. Será o II Festival Espallando Letras este sábado 17 no pabellón de San Román, a partir das 18.30 horas, coa participación de Cordenaia, As Grileiras, As Ferriñas, As Faíscas, a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e Erikas e Peluxías. Ademáis de música o público disfrutará de racións de empanada e bolos preñados, á venta.