Será este xoves, día 10; foi concedida ao instituto o ano pasado
07 abr 2025 . Actualizado a las 15:13 h.O IES de Foz inaugurará este xoves unha nova aula, a Aula Tecnolóxica do Torrado do Café, un proxecto de Aulas Tecnolóxicas concedido ao instituto de Foz en 2024. A inauguración desta nova aula tecnolóxica terá lugar, como sinalamos, este vindeiro xoves, 10 de abril ás 13.00 horas, tal como informan desde a dirección.