La avería del TAC en el hospital de A Mariña obligó a 7 traslados de pacientes el sábado al HULA y a mayores otros cinco fueron trasladados a Lugo y A Coruña
A MARIÑA
Desde el Sergas piden disculpas a los pacientes y a sus familias por esta avería, «habitual na alta tecnoloxía, aínda que a atención sanitaria estivo garantizada en todo momento»
12 mar 2025 . Actualizado a las 18:37 h.La avería del TAC en el hospital de A Mariña lucense provocó 7 traslados de pacientes el sábado al HULA y, a mayores, otros cinco pacientes fueron trasladados bien a Lugo o bien al hospital de A Coruña dependendiendo de sus circunstancias y necesidades clínicas. Desde el Sergas piden disculpas a los pacientes y a sus familias por las molestias que pudiera causarles esa situación. «As averías son habituais na alta tecnoloxía, reparouse á maior celeridade, e a atención sanitaria estivo garantizada en todo momento». La CIG Saúde criticaba ayer en un comunicado esta circunstancia y los traslados a Lugo en «ambulancias colectivas», hecho que negó el Sergas desde Lugo.
«A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos garante a asistencia e a atención cos máximos estándares de calidade a todos os usuarios de A Mariña e nega as afirmacións da CIG sobre o traslado de pacientes ao Hospital Universitario Lucus Augusti, medida que só se adopta cando é absolutamente imprescindible e coa única finalidade de asegurar a mellor resposta para o proceso clínico de cada paciente», explica el Sergas.
«As manifestacións da CIG só queren xerar alarma, non dubidando para iso en empregar unha linguaxe grandilocuente, inzada de termos acendidos e desmesurados para esaxerar de tal forma a realidade que por si mesmos resultan inverosímiles, e coa intención de asegurarse un titular rechamante. Esta forma de proceder, vertendo afirmacións irresponsables e retorcendo a verdade ata o límite, non axuda en nada a mellorar a sanidade pública, aínda que sí lles é útil para o seu fin: causar alarma na poboación», añade el Sergas en su nota de prensa.
Y explican: «O TAC do Hospital Público de A Mariña sufriu na tarde do sábado unha avaría, algo nada insólito en calquera aparello de alta tecnoloxía que é usado dun xeito habitual. O mantemento integral dos aparellos de alta tecnoloxía do Hospital da Mariña é igual que o do resto de hospitais e que os que se realizan a este tipo de aparellos de avanzada tecnoloxía, cuxas incidencias, por outro lado, se intentan solventar no menor tempo posible, tal e como se fixo neste caso, para ocasionar as mínimas molestias aos pacientes».
«A descrición realizada pola CIG, de forma totalmente consciente, é absolutamente falsa. Na busca do titular fácil non dubidan en faltar á verdade, malia que a ninguén se lle ocurriría crer que se trasladan cinco pacientes nunha mesma ambulancia, ademais do persoal clínico do hospital que os acompaña e os propios técnicos deste transporte sanitario. Como ben deberían saber os representantes da CIG, os traslados realizados foron sete a pacientes que precisaban a realización dun TAC diagnóstico urxente. A maiores, houbo outros cinco traslados, tanto ao Hospital de A Coruña como ao HULA, de pacientes que pola súa situación clínica precisaban unha atención específica noutro centro hospitalario, algo que sempre se fixo, que se fai noutros hospitais e que se seguirá facendo cando a atención do paciente requira dalgunha proba ou técnica que se practique noutro hospital», expresa el Sergas.
La CIG habla en su nota a los medios de «alerta laranxa» por la situación sanitaria en el hospital, incluyendo la falta de médicos. El Sergas precisa: « Dicir que se realizaron traslados con ata cinco pacientes na mesma ambulancia é algo que, non só é falso, senón absurdo e ilóxico. Eses días só houbo un desprazamento con dous pacientes na mesma ambulancia e baixo criterio facultativo, xa que previamente persoal clínico determinou a procedencia do traslado deste xeito. Isto pon de manifesto as falsidades ás que recorren para crear alarma e preocupación entre os habitantes de A Mariña. Con todo, dende a área sanitaria pedimos disculpas aos pacientes que, nun momento determinado, tiveron que ser traslados a outro centro, polas molestias que iso supón para eles e as súas familias, aínda que se trate dun feito puntual que tenta dar a mellor e máis eficaz resposta á súa situación clínica, que é o único que se pretende conseguir».
«E no caso de que un paciente teña que ser derivado a outro centro, o traslado faise en condicións absolutamente seguras, con todas as garantías e co persoal sanitario necesario en cada caso. E se puntualmente se da unha circunstancia de que, pola súa situación clínica, podan ir dous pacientes na mesma ambulancia (o máximo que se fai é de dous e baixo indicación facultativa) para facerse unha proba, este desprazamento acométese garantindo a absoluta seguridade do paciente, que é o obxectivo primordial. Así mesmo, se polas razóns que sexan, un paciente necesita ser hospitalizado ou recibir atención específica noutro centro hospitalario, serán traslados como sempre se fixo, como se fai noutros centros e como sempre se fará, pois o único obxectivo da xerencia da área sanitaria é garantir a mellor atención aos seus pacientes con todas as alternativas diagnósticas e terapéuticas que teñamos ao noso alcance».
«Finalmente, lembrarlle á CIG que, como xa dixemos en moitas ocasións, no mes de novembro resolveuse un concurso de traslados (esixido en reiteradas ocasións polas centrais sindicais presentes na mesa sectorial) e estamos inmersos no proceso de resolución dunha Oferta Pública de Emorego-OPE- e dun concurso especial de méritos, nos que se ofertan máis dunha vintena de prazas de especialistas para o Hospital Público da Mariña, procesos que son longos no tempo polos prazos e trámites que hai que cumprir. Malia que se propuxeron alternativas máis sinxelas e rápidas para axilizar estés procesos, estas nunca foron apoiadas por esa central sindical, apostando por fórmulas que claramente perxudican a hospitais como o de A Mariña».
«Finalmente -concluye el Sergas-, dende a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte reiteramos as nosas disculpas aos pacientes e aos seus familiares polo incordio que lles poda supoñer ter que trasladarse en determinados momentos puntuais a outro centro hospitalario, pero insistimos en que esta medida só se adopta cando é absolutamente imprescindible, necesaria e co único e primordial obxectivo de acadar a mellor solución clínica para o paciente e a garantirlle a mellor asistencia clínica ao seu proceso patolóxico».
Indicar por último que UGT también critica la falta de médicos de Medicina Interna en el hospital burelense.