Será ás 20 horas no salón de alcaldes do concello
27 feb 2025 . Actualizado a las 18:21 h.O exalcalde, profesor, historiador e Cronista Oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, presenta este venres ás 20 horas o seu libro sobre Ribadeo, a historia das rúas, espazos significados e prazas, un libro de especial interés para os ribadenses, para coñecer a historia de cada rincón da vila, e tamén para os visitantes.
A presentación deste libro será no salón de alcaldes do concello, do que o propio Eduardo Gutiérrez foi alcalde polo BNG.