Vou escribir do Proxecto Neo que comezaron dende van xa anos en Burela a prol da nosa identidade como pobo através do idioma que nos é propio. Un esforzo que levan ademais ata o final: ata a morte, nas lápidas. Esas palabras nosas, ese sentir que enraíza na terra; que mellor exemplo. Un proxecto impulsado polo profesor e amigo -amigo de tantos/as- Bernardo Penabade.
Sei que con estas liñasnonvou procurar audiencia; porén, si unha satisfacción persoal e íntima. O Proxecto Neo é integrador. Recoñecido con premios abondo e agora ata é motivo dunha tese. O traballo inmenso de Bernardo Penabade pola integración é ben coñecido. Fainodun xeito tan natural que semella que nonconleveesforzo. Quizais polo seuconvencemento.
Estes días andan a celebrar as xornadas da literatura caboverdiana. Todos os anos dedican uns días á literatura na que se reflicte un sentir de moitos bureleses/as «de Cabo Verde». Non esquezo que a primeira tradución do meu poemario «Brinde e desespero» foi ao crioulo. Ese recitado de rapazas e rapaces que viñeron á presentación en Viveiro. Ese son marabilloso coa súa música na pronunciación.
Parabéns Bernardo, parabéns Proxecto Neo.