Fran Canosa, geólogo: «É case imposible que aquí haxa terremotos de magnitude superior a 6 ou tsunamis importantes»
A MARIÑA

Vivió en primera persona el movimiento sísmico de Marruecos, donde se encontraba participando en un congreso
14 sep 2023 . Actualizado a las 12:39 h.Francisco Canosa, doctor en Geología y director científico del proyecto del Xeoparque do Cabo Ortegal, guía de las georrutas por As Catedrais que organiza el Concello de Ribadeoy experto conocedor de espacios geológicos singulares como O Perdouro u O Fuciño do Porco, vivió muy de cerca el terremoto de Marruecos, ya que cuando se produjo asistía en Marrakech a un congreso internacional sobre geoparques, en representación, precisamente del de Ortegal. Por unos diez minutos el movimiento sísmico de 6,8 de magnitud no le cogió en Marrakech, donde había dejado a compañeros mientras él cogió un taxi para dirigirse a un hotel.
Ya de regreso en Galicia, ayer reflexionaba sobre la experiencia vivida y desde su formación como geólogo concluía: «Terremotos dunha magnitude superior a 6 en Galicia son improbables ou practicamente imposibles. Iso ten unha explicación moi clara. O que pasou en Marrocos, co terremoto de maior magnitude no país dende que se fan rexistros, ocorreu porque a diferenza de Galicia, Marrocos está nunha zona de contacto entre placas. Son zonas de fricción, onde se acumula moita enerxía e iso, loxicamente, desencadea importantes terremotos. No caso de Galicia, ao estar alonxada de zonas de contacto entre placas, a posibilidade de que haxa un terremoto dunha magnitude superior redúcese moito».
Pero en Galicia muchos tienen aún presente la sucesión de terremotos y el mayor que hubo en el triángulo de Sarria, Becerreá y Triacastela en 1997: «Aínda que estamos nunha zona de borde, estamos sometidos ao empuxo que fai África contra o resto de Europa. Iso vaise acumulando. Galicia é un terreo profundamente fracturado que facilita que esa enerxía se acumule las fracturas que temos. Pero a medida que nos distanciamos da zona de contacto, a enerxía é menor. Iso nos dá certa tranquilidade, pero non impide totalmente que haxa terremotos inferiores a 6. En 1910 houbo o de Ferrol, despois en Pontevedra e máis recentemente o de Triacastela. Á hora de valoralos hai que secuenciar entre intensidade e magnitude. A intensidade é un rango de valores de acordo aos danos que se producen, e a magnitude é un valor físico que se obtén a partir da enerxía que se liberou. No de Ferrol a intensidade foi de 7 sobre 12 (la magnitud entonces no se medía, como ocurrió con el de Pontevedra), e no de Triacastela, a intensidade de 6 e a magnitude de 5,1, que seria o terceiro máis forte en Galicia», señala Fran Canosa.
Y añade: «Terremotos dunha magnitude superior a 6, como o de Marrocos, aquí non vai haber. Nin tampouco tsunamis importantes. O terremoto de Lisboa de 1755 xenerou un tsunami na costa portuguesa e Cádiz, pero á galega afectoulle moi pouco. Iso é pola configuración da nosa costa e porque é perpendicular á zona onde se xeneran os tsunamis. Podemos estar tranquilos. Ademais, o feito de que teñamos moitos terremotos pequenos é bo, porque significa que se vai liberando enerxía pouco a pouco. Se non fose así, se está fose unha zona sísmica sensible e non houbera pequenos terremotos si sería para preocuparse, porque significaría que a enerxía que se vai acumulando co movemento de placas, tarde ou cedo, íase liberar. Unha tarefa pendente que temos os xeólogos é que sabemos onde se poden producir terremotos, pero non cando. California leva dende os anos 80 sen un terremoto dunha magnitude importante. A falla de San Andrés é moi activa e iso son malas noticias para esa parte de Estados Unidos».