Reflexiós sobre PROMAFOZ

Ramón Reimunde

A MARIÑA

cedida

A Asociación de Produtores de Madeira decidirá este sábado a súa disolución

05 may 2023 . Actualizado a las 21:09 h.

No futuro PROMAFOZ terá que recomenzar desde cero, unha vez que ante a impossibilidade de continuar a Diretiva atual e a falta de interese dos sócios, que nen acoden às asembleas nen pagan a cota anual, indica que deberia dissolverse e terminar esta etapa. Para isso xa temos preparada a documentación, coa Diretiva en regra e informada a Xunta de Galicia. Só falta decidir democraticamente en Asemblea Xeral a disolución o dia 6 de Maio na Casa de Cultura.

Os antigos Estatutos legalizados, iguais aos das outras asociaciós da zona, dos que me sinto responsável como co-autor, non valen para a situación de hoxe. Fracasaron na metodoloxia de captar e ilusionar sócios entre os proprietários de montes, e só funcionaron un tempo cando a xente queria vender en mellores condiciós montes pequenos e que os xestionase a asociación desde a xestoria BFL de Foz. Aqueles tempos entre os anos 2012 e 2016 com Jacobo e Juan na oficina de BFL foron positivos. Mais despois a cousa cambiou, ao fechar esse servizo noso e ante a estratéxia de Ence de non seguir cos nós os contratos favoráveis e a falta de colaboración dos compradores, que seguiron as diretrices de Ence. Algo fallou, quizá tamén os diretivos. Intentamos buscar todo mercado para a madeira , mais non achamos solución aos problemas.

Só co atrativo económico de vender mellor a madeira en grupo non foi suficiente. O benefício común segue a ser o principal obxectivo. Por iso se deberían implicar os grupos políticos locais, com representantes na Diretiva, xa que é en defensa de un bem colectivo e da maior riqueza do concello, moi repartida. Por isso tamén no futuro hai que procurar ademais novos alicientes atrativos para os produtores de madeira, non só económicos, tamén ecolóxicos, ambientais, telemáticos, produtivos, dando facilidades aos mozos proprietários que faigan o relevo xeracional. Falamos aquí da plurifuncionalidade do monte e da sua biodiversidade.

A chave está precisamente no relevo da nova xeración que há de ocuparse dos montes, para o cal teñen que herdar, cortar, plantar e asumir a xestión desde unha nova perspetiva, contratando servizos se eles non o poden facer persoalmente, com unha nova sensibilidade, estilo e procedimento acorde cos tempos, mais preservando o sentido da unión coletiva como mais rendível e efetivo. De todas formas terán que coñecer os montes na realidade e nos planos. Sexan quen foren os novos futuros sócios de PROMAFOZ terían que seguir os seguintes pasos:

1). Legalizar esa asociación florestal nova e redixir uns novos Estatutos adaptados aos tempos.

2). Legalizar as escrituras de herdanza ou mellora e facer um plano e proxecto de cada monte.

3). Ter en conta os testantes para agruparse en coutos redondos para mellor vender e traballar.

4) Mellorar as pistas e cargadeiros, e outras infraestruturas forestais, así como as plantaciós.

5) Investir en coñecimento e investigación, en biodiversidade e escolla da planta axeitada.

Todo isto terá que acontecer partindo de cero, esquencendo-se da antiga PROMAFOZ. A non ser que xente nova queira facer-se cargo da Diretiva e continuar o que xa está legalizado. Nós fixemos o que puidemos e nos permitiron, como mellor soubemos, com acertos e fallos. Deséxovos sorte e fortuna para conseguir un día o que nós non puidemos lograr: o éxito, unión. O traballo da nosa xeración acabou-se, sen conseguir superar o individualismo dos donos de pequenos montes, que unidos farían un grande que se pode poñer en valor. Non perdades a fé nen a esperanza nos nosos montes, que son ben bós. E non plantedes só eucalipto e piñeiro. Os matos serven para moito mais que iso. Excesiva abundancia de unha só especie perxudica. E non se pode apostar todo a un único cabalo, ainda que sexa o gañador. Todos podem vencer. R.