«Non te esqueceremos nunca, querido Santi»

Martín Fernández VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Falece aos 61 anos Santiago Fernández Ríos, xerente da empresa Villar y Losada, SA, de Cangas

14 may 2022 . Actualizado a las 22:19 h.

Hoxe é unha desas tardes de choivas oscuras nas que a un se lle volve de cinza o corazón. Santiago Fernández Río, Santi Parris, como era coñecido, faleceu onte. Á súa familia, aos seus amigos, a miles de mariñáns que o coñeceron, por doer, doénos ata o alento. Un derrame cerebral levouno. Tiña 61 anos cheos de vida, proxectos e espranzas.

Santigo Fernández Río foi socio e xerente de Villar y Losada SA e demostrou que a mellor empresa é aquela na que o empresario é o primeiro traballador.

Santiago Fernández tiña paixón polas motos e pola pesca a bordo do seu barco, A Dorna, que fixo coas súas propias máns.