Día de «rallye»


Alá que marchei coTeam Vilariño! Como xa teño expresado en moitas ocasións son amante dos deportes. Hai moitos que teño ou tiven a sorte de practicar, pero noutros estou «verde» e quero aprender. Que mellor que cos mellores, redundando a propósito porque eles o merecen. Se ademais engadimos unha das contornas máis fermosas da marabillosa Ribeira Sacra, resulta todo un luxo ir de aprendiz. Fun ao que chaman test, que é cando pechan un tramo (sexa asfalto ou terra) e van probando distintas configuracións do coche (suspensión, freos, deferencias, etc...) e diferentes compostos dos neumáticos. Isto serve para que na carreira teñan claras as regraxes que debe levar o coche para ir máis rápidos e seguros. Estades pensando se me atrevín a subir no coche,... pois claro, e verédelo na TVG, pero non podemos contar moito máis.

O que si podo dicir é que son concienzudos traballadores. Neste testeo na Pobra de Trives co obxectivo de manter a forma do piloto e o copiloto, tamén procuraron mellorar as notas e compenetración. Preparámonos entón para a tempada 2021 no Súper Campionato de España e as probas internacionais.

Luís Vilariño, campión galego, leva 15 anos competindo. Nado en Barakaldo, fillo de emigrantes de Melide e Palas, tivo que pelexar por conseguir os seus logros (que non son poucos) neste, cada vez máis recoñecido, mundo do motor. Cando tiña tres anos a súa avoa enfermou, por iso os seus pais volveron. Afortunadamente a súa avoíña tardou en marchar e o seu pai «montou» un taller mecánico. Este negocio familiar foi o que lle fixo apaixonarse polo deporte. A figura de Juan López, un mecánico que traballou co seu pai, alimentou estas ansias por chegar lonxe (e rápido, claro está), nel. Agora, Luís rende tributo aos seus «patróns», ao seu pai e a Juan, levando a Palas polo mundo cada vez que corre, e facendo o que eles lle ensinaron tan propio dos galegos, a traballar duramente para conseguir “chegar” ás metas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Día de «rallye»