Logo dun mes no meu Buenos Aires querido, podo certificar que SI se pode ser vexetariana nun país que consume e exporta unha das maiores cantidades de vacino do planeta. Contrastando esta estancia en Sudamérica coas miñas etapas en Toronto nas xiras teatrais dirixidas por Kevin Stewart, podo dicir que as dúas Américas son distintas pero acollen amablemente a todo tipo de persoas, con orixes diferentes. Esta é considerada a máis multicultural do mundo con máis do 52% da súa poboación de orixe estranxeira e 230 nacionalidades e arredor do 12% son de Paquistán e a India. Lugares onde certos animais son valorados ao considerarse reencarnacións de deuses da cosmovisión hindú. O hinduísmo, xudaísmo, budismo ou xainismo non adoran a ningún deus e consideran que todos eles son sacros, por iso son vexetarianos. Aínda así, algún budista come carne. Predican que o camiño para a liberación e a gloria na vida é non prexudicar ningunha alma allea, renunciando a case todo. En Toronto hai barrios exclusivos de diferentes comunidades convivindo con gran respecto uns con outros.

En base a estas ideas decidín non comer carne, traballo difícil na sociedade que fun educada. Consígoo sendo fiel aos meus principios que non necesariamente teñen que ser os dos outros. En Buenos Aires tamén hai unha clara diferenciación dos barrios, en estética sobre todo. Incluso recomendo lugares para aqueles veganos que se atopen perdidos na cidade do churrasco. O primeiro, no barrio de San Telmo, Hierbabuena Vegan, onde as limoadas Kale son súperalimentos deliciosos; o curry veggie con leite de coco e o vegan fettuccini deleitáronnos. En Palermo, o Artemisia tamén «natural e orgánico». E moi preto de Mafalda e amigos (San Miguel) a tenda Veganoteka, cuns prezos moi económicos e todo saudable e bondadoso coa nosa Terra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Veggie en América