«Que a vida social estea próxima a cero, ó final pásanos factura a todos»

José Francisco Alonso Quelle
JOSÉ ALONSO FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Pepa Losada

José Antonio Ginzo: «Quedarán empresas polo camiño, pero tamén van vir tempos de oportunidades»

21 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Las tiendas Ginzo llevan vistiendo a generaciones de mariñanos desde el año 1953. José Ginzo está al frente del negocio (recogiendo el testigo de su padre), en el que trabaja desde hace 34 años, un tiempo en el que no titubea al afirmar que nunca se había visto en una situación similar a la actual: «Cando tomamos as uvas, se nos dixeran que todo o mundo, todo o mundo, ía estar detrás dunha máscara, non no teriamos crido. A situación que xurdiu en marzo dun confinamento de 15 días acabou nunha crise económica e sanitaria dun nivel que nunca chegamos a pensar».

Al hablar de sectores afectados por el covid, la hostelería es el primero que viene a la cabeza. Pero la repercusión está siendo enorme en todo el comercio: «Estámolo levando case día a día, porque as notificacións que nos chegan a través de asociacións de comerciantes ou das administración nos van dando as pautas semanalmente ou case diariamente, en canto a aperturas e peches. Agora mesmo Ribadeo está afectado polo peche perimetral de Asturias; Burela e Viveiro tamén están moi afectados polos casos que houbo, e iso provoca que non haxa tránsito de xente entre poboacións. A Mariña entendida como eu a vexo, como un corredor comercial, queda moi afectada por esas circunstancias».

La perspectiva de la Navidad

«Se a iso se engade que a xente non sae a facer vida de ocio a partir de determinada hora, todo provoca que non haxa necesidade de compras que de outra forma si se estarían facendo. Agora estamos pensando nas ceas, nas reunións que se van perder de aquí a final de ano de grupos de amigos, de compañeiros de traballo. Se non se levan a cabo vamos quedar tocados moitos sectores que dependemos desas ceas, non solo a hostalería. Se ti non necesitas calzarte, se non vas estrear nada porque a túa vida social está próxima a cero, ó final pasa factura», añade Ginzo.

«O comercio ?apunta- ten outro problema. Fixo un avituallamento de mercancía previo. Iso significa que o produto está nas tendas, a letra no banco e se non hai actividade comercial, o sistema reséntese. Ademais, está a duración da crise. Como non hai un referente anterior, como non temos un espello ó que mirarnos, estás facendo uns cálculos de compra nun escenario un tanto incerto, porque nun principio falabamos de que ía haber unha segunda vaga, máis adiante, pero adiantouse, e iso provocou que moitos concellos xa foran confinados. Todo vai en detrimento das vendas».

Con todo, José Ginzo ve un lugar para mirar el futuro con un hilo de ilusión: «Hasta agora non tiñamos visto ningunha noticia boa. Agora si, e iso provoca que haxa un halo de esperanza. Creo que o ano 21 vai ser mellor e vamos ir pouco a pouco recuperándonos. O feito de que os españois somos un pouco quixotes tamén nos vai axudar a coller o mellor da situación. Pero todo pasa pola responsabilidade e o sentido común para aplanar a curva e ir gañando tempo. Creo que no 21, unha vez que os números empecen a ser mellores e se retome a actividade económica, vamos ir pouco a pouco medrando dunha forma continuada. Pero queda cruzar parte de deserto. Aínda vamos a ver como nos enfrontamos ó Nadal, que é moi importante, non solo comercial, senón afectivamente. Pero si, espero que en primavera vexamos outros números e outras sensacións».

¿Y quedarán muchos por el camino? «Mentiría se dixera que non. Van quedar empresas e tamén como en todas as crises vai ser un momento de oportunidades. Vai haber xente que vai saír favorecida e outra que non vai ser capaz de soportalo. Pero o prorrogar os ICO, dar un ano máis de carencia, é unha boa noticia para moitas empresas, porque axudarán a manter certa tesourería para seguir adiante».