Alcoa: sen postureos

Patricia Otero SECRETARIA DO PSOE EN LUGO

A MARIÑA

Miles de manifestantes se manifestaron en Viveiro el pasado día 7 contra el cierre de Alcoa
Miles de manifestantes se manifestaron en Viveiro el pasado día 7 contra el cierre de Alcoa XAIME RAMALLAL

18 jun 2020 . Actualizado a las 16:16 h.

Outubro, 2012. José Manuel Soria, o Ministro de Industria do Goberno de Mariano Rajoy visita a fábrica de Alcoa en san Cibrao, nesta visita recoñece o elevado prezo da enerxía coma un problema para a industria electrointensiva e anuncia que aprobará (en xaneiro de 2013), un sistema para rebaixar o custo eléctrico e garantir a súa competitividade.

Algúns anos máis tarde o Ministro abandona o goberno do PP (enredado, para variar, nun turbio caso de mentiras e corrupción), sen que se volvese a ter noticia algunha do prometido sistema eléctrico. A memoria serve tanto para demostrar a persistencia no tempo dun problema competitivo (o prezo enerxético pechou en 2012 e 2019 no mesmo nivel) como o oportunismo dalgunhas reaccións políticas a aquel anuncio do Ministro. Hai

que lembrar que o xa entón Alcalde de Cervo, chegou á infamia (que en España véndese moi barata), de suxerir complicidade entre quen se atrevían a dubidar do compromiso do Ministro Soria, e os intereses das grandes compañías eléctricas. Contra a debilidade da memoria, aínda circula o audio que deixa en evidencia a incontinencia verbal do Alcalde, quen chegou a calificar o anuncio

do Ministro como unha “vitoria colectiva”.

Case 8 anos máis tarde, cando os traballadores, as súas familias e toda A Mariña vivimos con angustia a ameaza real de peche de Alcoa, coñecemos a

través da empresa algunhas cousas máis. Concretamente o relacionado co prezo da enerxía, que sendo un problema, non é o único, e polo tanto non bastaría con resolvelo para que desistise da súa intención de pechar as súas portas. Agora, engádese ademais o baixo prezo do aluminio, é o que se

denomina “un exceso de capacidade global”, coa finalidade por parte da empresa de xustificar esta dramática medida. Unha decisión que consideramos intolerable por inxusta, máxime, nunha compañía que desde o ano 2011 recibiu máis de 700 millóns de euros de recursos públicos. Por iso, non deixa de sorprendernos que desde o PP, se siga insistindo nun só problema - o enerxético- querendo ignorar o anuncio da propia empresa, afirmando que só basta coa vontade política para resolvelo dun plumazo.

Damos por sentado, entón, que si non o fixeron nos seus case 7 anos de Goberno do PP é porque non lles interesou solventalo. Tamén quero destacar que é moi revelador que o propio Presidente da Xunta de Galicia e o seu Conselleiro de Industria (porque a Autonomía ten competencia exclusiva na materia aínda que queiran ignoralo), a dia de hoxe aínda non se dirixiron á multinacional Alcoa, responsable deste peche, para esixirlle que o retire e ou ben se abra a negociar cos Gobernos Central e Autonómico un plan industrial para seguir operando na Mariña, ou ben ceda paso a unha venda e garantir o emprego. A ámbalas cousas, porque queda claro e patente xa que sobran as testemuñas, negase a empresa, por moito que Xunta e o PP queiran tapalo e mirar cara outro lado.

Non son os postureos políticos os que van solucionar este grave problema que afecta á Mariña lucense e a toda a provincia de Lugo. Os traballadores

esíxennos, con toda razón, que sumemos forzas para que Alcoa non provoque unha catástrofe. Que as administracións non se poñan de perfil e traballen de xeito conxunto, para atopar unha saída a esta grave crise. Esa, e non outra (por máis que haxa eleccións no horizonte) é a tarefa para as vindeiras datas.

* Patricia Otero, secretaria provincial do PSOE.