Contentos de previr un só lume


Dende A.C.R.D. Aturuxeiros de Bravos seguimos a traballar para dinamizar a nosa parroquia de Bravos, os seus socios e demais amigos que se queiran achegar as nosas actividades. Esta vez tocou organizar unha charla sobre a prevención dos incendios domésticos, e sobre todo como actuar cando xa se produce ese incendio. Encargáronse desta gran iniciativa 2 membros do corpo de Bombeiros de Viveiro (Jose e Fran) e un do Corpo Nacional de Policía (Javi) este ultimo encargado da investigación para averiguar porque se producen os incendios. Ademais de darnos consellos de actuación ante un conato de incendio mostraron tamén como usar un extintor, e sobre todo ensináronos do grande perigo que supón intentar apagar un lume descontrolado. Dende esta asociación queremos agradecerlles a estes rapaces a gran iniciativa e a súa boa vontade. Grazas a os corpos de Bombeiros de Viveiro e a Policía Nacional por permitilo e poñer os medios. Grazas tamén os asistentes pola boa acollida e pola participación xa que foi moi participativa. Se con esta iniciativa conseguimos axudar a previr un solo accidente deste tipo xa estaremos contentos. Seguiremos organizando cousas. Grazas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Contentos de previr un só lume