Illa Pancha Challenge

Estíbaliz Veiga ARRIBA O PANO!

A MARIÑA

13 nov 2019 . Actualizado a las 11:35 h.

desafío de surf de ondas xigantes que se celebra en Ribadeo estreouse co adestramento das máis importantes figuras internacionais. A idea é superar a de 14,71 metros do 2019, e calculan que o campionato terá lugar a comezos do 2020. Quedei impresionada pola coraxe dos participantes logo da presentación do acontecemento do Samaín que presenciamos gran número de apaixonados dos deportes, familias e turistas na nosa fermosísima Illa Pancha. No encontro en Hola! Ola, a casa do surf en Ribadeo, estiveron E. Rebiere, J. do Macedo, R. Arauzo e L. Havion falando das súas experiencias no Big Wake e, por suposto, os organizadores (Óscar García e David Martínez), rodeados de locais veteranos con longa traxectoria (M. Moure) e novas promesas, como Jairo Barral, de Foz.

O domingo a xornada foi de película, coa enerxía presente de Tim Bonython, director do filme emblemático O gran mércores (a biblia do surfista, segundo os organizadores). Houbo arte.

Eu, persoalmente, aplaudín a presenza de supermulleres como Michelle des Boullions, primeira surfista en desafiar ao Panchorro, acompañada de Maya Gabeira e Justine Dupont. Ademais, contouse coa participación do equipo formado por Lucas Chumbo e Ian Consenza, e, engadindo a participación de Rodrigo Loxa e maila listaxe dos grandes que alí voaron, a «estrea» foi un total espectáculo.

Entre parafina e neoprenos, táboas e «bo rollo», aquilo de «fondo roca», paradoxos como «non había bastante auga [no mar]» ou «cae unha esquerda aquí...» van ser algo que nos chegará en ondas enormes aos oídos. Agardo que se valore e se potencie como se merece no idioma da nosa Mariña de Xigantes.

@illapanchachallege (Instagram).