Fran Cajoto, candidato do PSOE en Foz, critica que os veciños teñan que pedir cita para falar co alcalde e avanza que, se goberna, auditará as
contas municipais
22 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.
Fran Cajoto, candidato do PSOE á alcaldía de Foz, avanza algúns dos seus obxectivos. «Comprometémonos a facer planificación e boa xestión, a facer uns orzamentos adecuados ás necesidades do concello e a cumprilos. Se gobernamos, unha das primeiras medidas que temos previsto adoptar é unha auditoría das contas municipais. Vemos facturas con partidas alzadas que non están xustificadas debidamente».
_Din que unha das primeiras cousas que farán si chegan ao Goberno é unha limpeza xeral e de aseo do municipio...
_Vemos os problemas que hai a diario e tamén está na boca de todos. A limpeza urbana non é a adecuada aínda que nestes últimos días incrementouse e metéronse subcontratas por parte do Concello para intentar dárlle un lavado de cara. Hai que facer desbroces e limpezas de forma continuada, no casco e nas parroquias. E pensamos devolverlle o sentido orixinal á circulación na Avenida da Mariña e na avenida Álvaro Cunqueiro.
?Ademais da creación dun novo acceso desde a variante, que outros proxectos propón para executar a medio prazo?
?A medio prazo propoñemos construír un edificio multiusos para que acolla o auditorio, a Escola de Música e que sirva para volver a ter cines en Foz, mediante colaboración pública-privada. Queremos que sexa un edificio modulable, adaptado a diferentes eventos. Ten que ser a Administración autonómica a que o financie na súa totalidade. O Concello non ten recursos para acometer esa obra. Unha ubicación que para nós sería unha das mellores é na fachada da marítima de Foz, a continuación da piscina, onde tamén existe unha ampla zona de estacionamiento.
_Van incluír no seu programa algunha petición de última hora dos veciños?
_De forma xeral case todas as medidas son as que nos propuxeron e propoñen os veciños. Queren un alcalde accesible e quéixanse moito da cita previa que ten posta o actual alcalde. De todos xeitos, nas reunións con eles, sempre saen ideas novas. En Cordido inciden no problema de abastecemento da auga municipal. Din que moitos meses do ano sae a auga turbia. Ese problema haino que solucionar.
_Que fará o día 27 se sae elixido alcalde?
_Tocaría volver dárlle as gracias aos que nos apoiaron e axudaron nesta andaina. Tocaríame pórme a disposición de todos os veciños para o que necesiten. Un dos temas que me preocupan é que haxa problemas coa contratación e que Foz non teña os socorristas que precisa. E habería que planificar e ordenar o tráfico.
_E se tivera que pactar para gobernar?
_Os pactos sempre son un tema a posteriori, en función dos resultados. Nós plantexámonos ter o maior apoio posible, unha maioría para levar a cabo o noso programa. Si os resultados non nos alcanzan, estaremos abertos a falar con outras formacións para cambiar as políticas retrógradas que hai en Foz.