Lucía Oca analizará hoxe en Lugo o fenómeno da inmigración en Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

17 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A mariñana Lucía Oca, doutora en Antropoloxía Aplicada e autora da tese «Caboverdianas en Burela (1978/2008)», analizará hoxe en Lugo (Museo Provincial, 12.00 horas) o fenómeno migratorio burelense en relación coa educación e co xénero no marco do Congreso Internacional Musapalabra-Oficio de Palabreixs: Migración. Previamente, ás 10.30 horas, a focense Silvia Fiallega, auxiliar de sala da Rede Museística, abordará o imaxinario e os estereotipos da diáspora galega a América. E pola tarde, a partir das 18.00 horas, o presidente da Asociación Aventados, Pablo Mosquera, ofrecerá a charla «Da cultura á subcultura ou da historia ao mito». Coordinada pola xerente da Rede Museística, Encarna Lago, a cita aspira a «ofrecer propostas que podan ser útiles para resolver algunhas das problemáticas da xente migrante».