Ribadeo, contra la violencia de género

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Presentadas las jornadas formativas, los próximos días 21 y 22 de septiembre, con la novedad de actividades gratuitas para niños

05 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ayer se presentó en Ribadeo el programa de la undécima edición de las Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local, que tendrán lugar los días 21 y 22 de septiembre, abordándose cuestiones como «Xulgar con perspectiva de xénero», «As diversidades afectivo-sexuais e identidades de xénero nas escolas» o «O sistema de desigualdade e violencia simbólica». En el acto intervinieron la concejal Mariluz Álvarez Lastra; la directora do CIM, Luisa Couceiro, y Paz Ramil, trabajadora del Centro de Saúde de Ribadeo.

Mariluz Álvarez se pronunció así respecto a una de las novedades de la programación de este año: "Estamos ultimando un programa lúdico e de ocio tamén, pero a nivel educativo e de sensibilización, para os rapaces, as rapazas e para os nenos máis pequenos, para as crianzas, que se vai desenvolver a carón do Cine Teatro, na praciña 8 de Marzo, nunha carpa que imos situar alí ao longo da tarde do sábado, para que poidan participar e poidan facer diferentes actividades, como contacontos. Todas relacionadas coa posta en valor das mulleres do noso concello ás que lles temos dedicado nomes de rúas, para visibilizar un pouco o mundo feminino e poñer en pé de igualdade a gran valía que teñen as mulleres tanto no noso concello como na nosa historia e na nosa vida en particular. Aínda que o programa non o imos presentar hoxe, daremos cumprida información do mesmo, dicir que son actividades totalmente gratuítas, e que poden facilitar que as persoas que queiran acudir ás charlas poidan deixar nelas aos seus fillos e ás súas fillas, e poidan conciliar tamén para asistir. Pero sobre todo para achegar o que se está facendo dentro do Cine Teatro, que son talleres máis teóricos, aínda que tamén vai haber algún práctico, á cidadanía e a facelos partícipes deste ámbito como cidadáns que nalgún momento van ser os adultos que forman parte da nosa sociedade, van ter as súas relacións, van ser educadores e educadoras tamén”.

Por su parte, Luisa Couceiro manifestó: "Despois destes dez anos facendo estas xornadas, seguimos pensando que o proceso de formación e aprendizaxe ten que ser permanente, xa que é unha temática como son as violencias machistas, que está en pleno auxe, e non como algo positivo senón como algo que non damos paralizado tan sequera, e ademais percibimos que hai unha normalización tanto dos feminicidios como da convivencia de determinadas actitudes e comportamentos machistas que veñen ser o xermolo das desigualdades das mulleres. Este ano centrámonos en varios temas, como sempre, dende unha perspectiva interdisciplinar, pero este ano quizais moito máis interdisciplinar que outros anos, onde había unha temática común e a partir de aí se ían tecendo diferentes subtemas. Por unha banda imos centrarnos un pouco nun tema de actualidade como é a xustiza patriarcal. Levamos vendo ao longo deste 2018, xa sen mencionar o 2017, varias sentencias que tiveron moito eco social como foi a sentencia da Manada ou a de Juana Rivas, e por outro lado as institucións seguen co mesmo discurso de denuncia que iso che vai resolver os problemas. Entón queremos poñer sobre a mesa que é o que está pasando, porque as mulleres cando denuncian, ao final lles dá máis problemas que solucionalos”.

Por su parte, Paz Ramil elogió el trabajo del Concello de Ribadeo: "A aposta que fai pola violencia de xénero é moi seria, porque levamos once anos traballando. Creo que non existe ningún caso, non nun Concello como o noso destas dimensións tan pequenas, senón en calquera outro concello máis grande en toda Galicia, que teña a posibilidade de dicir o mesmo, de apostar non só no feito dunhas xornadas senón apostar seriamente porque, durante todo o ano, diferentes profesionais de todos os eidos que poden ter algo que ver, que dicir e que traballar coas mulleres en situacións de violencia de xénero, e cos seus fillos e fillas, fagamos un traballo continuado e serio. Nese senso penso que é importante resaltalo. Unha vez máis invitar a todo o mundo a que acuda masivamente porque isto é froito do traballo dunha determinada xente, pero estamos encantadas de que teñan éxito, e o éxito é evidentemente coa achega das persoas que acoden e co que aprendemos todas e todos”.