O colexio Martìnez Otero levou a cabo a súa iniciativa anual
03 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Foi onte, a festa da solidaridade que se celebra cada ano no colexio Martínez Otero de Foz. Trátase de sensibilizar á comunidade educativa sobre un problema que golpea con forza no mundo, como é a falta de alimento. Cos bocadillos solidarios queren recadar fondos para colaborar con proxectos de Mans Unidas en diversos países do chamado terceiro mundo. Onte bocata e consumición, por 3,5 euros con dereito a participar nunha rifa solidaria, na que sortearon 50 lotes de produtos doados. foto pepa losada