«Regalar artesanía polo Nadal é un acerto porque son pezas únicas»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O mercado viveirense A Trastenda de Nicomedes abre hoxe ata o 4 de xaneiro

21 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Cun concerto de Joni Ramos abrirá hoxe as portas de novo por Nadal e en Viveiro a Trastenda de Nicomedes, mercado artesán posto en marcha pola Asociación Proa, contando coa colaboración do Concello viveirense.

-Son os mesmos artesáns que viñeron na anterior edición?

-Repetimos xusto a metade. A otra metade son novos. O 90% son de Galicia. Un é de Valencia.

-Cal é o espírito desta cita ou con que intención se organiza?

-(Ri) Sobre todo con intención de vender moito! Hai mercados de Nadal por todas partes pero o máis cercano a Viveiro na zona era ou o de Ribadeo ou o de Lugo, a unha hora de camiño en coche cada un. Na Mariña Occidental non había nada deste tipo. Pretendiamos que participasen creativos de calquer tipo. Non ten que ser artesán, pero sí autonomo. Ao final coincide que todos os que veñen son artesáns.

-Que se lle ofrece ao cliente? Regalar artesanía é como un plus...

-A unha clientela que tes por exemplo no mes de agosto na Feira de Artesanía de Viveiro poder dárlle un produto que regalar no Nadal. A metade dos dez que somos non viñeran nunca a Viveiro. É un escaparate tamén.

-Que é regalar artesanía?

-É un acerto. Penso que son pezas únicas, algo feito ademáis de xeito sostible. Non te vas atopar pola rúa coa mesma peza que levas ti e ao mesmo tempo estás potenciando a artesanía galega.

-Máis que como vive, quería preguntarlle como sobrevive un artesán hoxe en día?

-Exacto, esa á palabra: sobrevive. O máis importante é saber valorarse un mesmo, non intentar competir con prezos con xente que produce industrialmente e tamén saber poñer un prezo ao teu produto.

-Hai quen se «queixa» de que a artesanía é cara pero hai que ver o traballo e mimo detrás...

-Non é caro, ten un prezo elevado. Se lle pos un prezo por hora sae baratísimo...

-Que é o que máis se soe vender na Trastenda de Nicomedes?