O engado do Ouro

Suso fernández VIDA SOCIALOPINIÓNGUÍA DE OCIO

A MARIÑA

PEPA LOSADA

04 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

N ace o río Ouro no Xistral, terras outas e bravías ás que da nome, dacabalo entre a Mariña e a Terra Chá, entre os ermos de pastoreo e as formas xeométricas da terra do pan, o aire húmido e o intenso verdor da franxa litoral. No medio, un conxunto de suaves elevacións orográficas de considerable humidade ambiental, ceos grises, pobos illados e encrucilladas de ríos perezosos…

Polas cumes e ladeiras trotan, en liberdade, eguas e cabalos que, chegado o verán, son os protagonistas do espectáculo, tan vello e sempre novidoso, da “rapa das bestas”.

Vinte kilómetros separan o berce do río de onde entrega as súas augas ó Cantábrico, en Fazouro, o lugar que no S. XVII o cartógrafo portugués Pedro Teixeira, autor do famoso “Atlas do Rei Planeta”, chamou Fozdouro; nominación que parece a mais axeitada, pois se temos en conta que Foz significa “desembocadura” e douro “do Ouro”, está ben clara a etimoloxía daquel nome, e fai pensar que posiblemente o actual Fazouro sexa unha dexeneración do topónimo primitivo.

Da fermosura do percorrido que segue a corrente fluvial da fe o feito de que o seu cauce serve de límite natural entre os dous concellos que conforman o chamado “Val do Ouro” e baña as súas terras, de idílica beleza: Alfoz e Valadouro. Trátase polo tanto todo él dun espazo natural de singular valor dende o punto e vista estético e medioambiental, de rica flora e fauna,ó longo dos que os afeccionados ó deporte da cana atopan un escenario propicio para a práctica do mesmo; na súa parte alta, na que predominan as augas rápidas e claras, con abundante troita común; a medida que se introducen no val as correntes discurren mais lentas e pódese pescar o reo, especie que tódolos anos remonta procedente da ría para desovar.

A práctica do senderismo, por paraxes de tal beleza, resulta moi interesante, non só dende o punto de vista deportivo, senon tamén dende a educación medioambiental e a cultura, a través do coñecemento e da posta en valor dos recursos naturais, e polo tanto do respecto e o coidado dos mesmos, empeño que debería axudar a activar a fibra sensible da cidadanía, e sobre todo de quen gobernan as institucións, evitando os lamentables episodios de espazos de interese ecolóxico, paisaxístico e, polo tanto social, sumidos en deprimente abandono, refrexo da desidia e a insensibilidade, que tanto se prodiga polo noso contorno.

Ó longo de toda a ruta as vistas son espectaculares. En todo momento se disfruta do mar, da natureza; da flora e da fauna que habitan entre nós. O nome o dí todo: “Val do Ouro”.

Suso Fernández. Cronista oficial de Foz.