Historia normanda

Suso Fernández OPINIÓN

A MARIÑA

Os días 1, 2 e 3 de setembro celebrarase en Foz a VII Festa Normanda, efeméride histórico/ lendario que entronca coa máis soada das tradicións populares da bisbarra. En 1976- hai 41 anos-, publicaba este cronista o seu primeiro libro ?«Guía Histórica e Artística de San Martiño»-, que era tamén o primeiro que saía do prelo sobre a devandita igrexa. Cando nos afanábamos recopilando datos da mesma, na vella biblioteca parroquial dimos cun vetusto documento que, extractado, dí: «el más notable, al que el pueblo canonizó como Obispo Santo fue un Gonzalo cuya existencia se centra en el S IX, sin que se pueda precisar los años en los que gobernó la diócesis, pues la información es debida a la tradición oral, sin documentar, lo que motivó que algunos dudaran de su existencia…».

O Padre Flórez, en «España Sagrada» refirese á personalidade deste Gonzalo e, en 1715, faino o bispo de Mondoñedo, don Manuel Navarrete. En vello documento, medio carcomido polo paso do tempo, poidemos ler, referido á miragre das naves normandas ou “drakars” (barcos máis veloces e preparados para navegar polo océano Atlántico) que usaban estes tamén chamados “salteadores de bahías”, que viñan a roubar as iglesias e habitantes, e a extinguir a fe que profesaban… «no fiando la defensa a las fuerzas humanas se valió de las divinas y, desnudos los pies y con una cruz a cuestas, ordenó una procesión…», ata chegar ó alto da Grela, dende onde implorou ó Noso Señor a súa intervención, que se consumou; e, rezando avemarías, afundíronse as naves, unha a unha, «quedando todo el pueblo, y aún todo el reino, lleno de admiración por el prodigio…» ¿Pode darse por real este feito? O cronista omite todo xuizo de valor, xa que de tratarse, como algúns dín, «dunha cuestión de fe», e posto que ésta é algo personal e intransferible, cada quen que administre a súa… Para nós a hipotética polémica non ten interese e apuntámonos á coñecida sentencia: «se non é vero é bene trovato»; e nos preguntamos se, no seu caso, a imaxinación, o humor e o enxeño non son valores a ter en conta… ¡disfrutemos deles...!