De río a río

Fran Bouso O OUTEIRO DE MONDOFORTE

A MARIÑA

CAXOTO

Opinión de Fran Bouso

22 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Del Miño al Bidasoa” é un libro de viaxes de Camilo José Cela publicado pola editorial catalá Noguer en decembro de 1952 no que se narran as peripecias dun vagabundo que inicia no Condado (Pontevedra) un camiño que o levará ata as terras navarras regadas polo Bidasoa ou Baztán. A obra ten a súa orixe en trece crónicas publicadas no xornal madrileño “Pueblo” en novembro de 1948 nas que o de Padrón describe unha viaxe que el mesmo fixera o verán anterior.

José Briz Méndez dirixiu a adaptación audiovisual deste libro de Cela no ano 1990. O documental de aventuras está dividido en cinco episodios nos que Nicolás Dueñas dá vida ao peregrino que percorre a Cornixa Cantábrica. No capítulo 1, titulado “Trancos galicianos” aparecen lugares de Lindín (min.42) simulando que é Goiriz (Vilalba) e planos do val do Valiñadares (ao que chaman Valadiñares), Igrexa dos Remedios e praza da Catedral.

Tamén se rodou no interior da Catedral de onde aparecen tomas das pinturas murais e do órgano. Nas secuencias seguintes o camiñante visita San Mariño de Mondoñedo (Foz) e Ribadeo. Nesta produción de Televisión Española (TVE) participan entre outros José Antonio Labordeta, que interpreta a un equilibrista e vendedor de viraventos de papel; o veciño Manolo Lourenzo, que fai de Benitiño do Chao, curmán do camiñante e Antonio Ferrandis, que pon a voz en off.

O xornalista e poeta Antonio Lucas xunto co fotógrafo José Aymá percorreron este verán o camiño que Cela camiñara 70 anos antes e están a publicar as súas crónicas no xornal para o que traballan baixo o título “Viaje literario. Del Miño al Bidasoa”. Na segunda entrega os neovagabundos chegan a Mondoñedo, lugar que describen como “pueblo triste de tradición relojera. Un territorio como sin cuerda, y eso que lo conocemos en fiestas. Hace años que no está Cunqueiro, pero el mismo musgo se mantiene en los tejados”. Lucas fai esta descrición con serenidade, sen ter visitado antes o río Xunco do que o pasado sábado efluían aromas da XXXIX edición da Queimada Popular de Cervo na que o debuxante Caxoto andivo argallando en corpo e alma. Antonio e José deixáronse levar en Mondoñedo polo embruxo do Merlín Montero “Un hombre dulce y raro. De modales suaves.

Tiene demasiados retratos con distintos alcaldes que en verdad parecen el mismo. (Eso pasa mucho con los alcaldes)”.

Juan Soto escribiu, tamén estes días, desde “El Garabato del Torreón” nun artigo titulado “Mas turistas, por favor”: “ Si se trata de hablar de la torpeza de algunas instituciones en materia de política turística, el caso de Mondoñedo, una pequeña y fascinante ciudad repleta de monumentalidad e historia, es altamente ilustrativo. A cuento de Mondoñedo, alguna vez hemos escrito aquí mismo acerca de lo que parece un connatural estado de apatía de las autoridades locales, de hogaño y antaño”.

«Cittaslow»

O que para uns son os beneficios dunha cittaslow para outros é amargura, nunca chove a gusto de todos. O que si é certo é que a choiva vai polos ríos cara o mar e se o Valañidares soa é porque leva auga.

E falando de ríos, hai un ano por estas datas estabamos a celebrar que a nosa veciña Susana Rodríguez Gacio ía participar nas Paraolimpíadas do Río.

*Fran Bouso, mestre e escritor.