O festival celebrarase entre os días 28 e o 30 de xullo
02 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Cervo acollerá a II Edición de Gadélica entre o 28 e o 30 de xullo. A cita foi presentada esta mesma tarde no escenario no que se vai desenvolver, o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, acompañados por Inés Cobas e Isabel Fernández, en representación da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, e de Alberto Casas, que repite na organización.
«Damos continuidade a este encontro artístico multidisciplinar -sinalaba Villares- que naceu en Sargadelos, e que pretende consolidarse no tempo como unha cita cultural e musical de referencia do verán da Mariña. No recinto haberá dous escenarios; un cunha proposta musical máis vangardista, e un segundo con maior eclecticismo, no que se conxugarán tanto actuacións en vivo como sesións de tecno, dub, rap, etc, dirixidas a todo tipo de público confiando na participación».