Un quinqué e outras cousas

Fran Bouso O OUTEIRO DE MONDOFORTE

A MARIÑA

20 feb 2017 . Actualizado a las 20:26 h.

Hai uns meses nunha comida familiar conteilles un chiste aos meus sobriños logo de escoitar outro no que un deles lle preguntara a un parente cántabro como se dicía “lo llené” en galego. A miña gracia preguntaba como se di en chinés “un perro con una luz en el culo”. Os meus sobriños teñen entre quince e trinta e cinco anos. Ningún dos presentes soubo dar resposta.

- “Un can cun quinqué no cu”, dixen. Moita graza non fixo, tamén teño que recoñecer que non sempre son bo contando chistes.

En boa medida non provocou risas porque descoñecían a palabra “quinqué”, un termo de uso moi frecuente entre a xeración anterior á súa.Para os que non o saiban, un quinqué, segundo o Dicionario da RAG é unha lámpada provista dun depósito de combustible e un tubo de vidro dentro do cal se produce a chama e tamén un aparello similar que funciona con electricidade.

En “Mondoñedo. Revista semanal ilustrada” que fundou, dirixiu e da que era propietario César González-Seco Romero, alá pola segunda metade do século pasado, aparecía unha publicidade que encabezaban unhas letras a gran tipo dicindo: “¡Gran Invento! Lámparas ó quinqués de gas acetileno. Son los más prácticos construidos hasta hoy, produciendo ellos mismos el gas, para lo cual basta introducir en su interior y en dos compartimientos distintos, agua y carburo de calcio en la forma que se expresa en la instrucción que acompaña á (copio literalmente) cada uno de los aparatos. Es el alumbrado más potente y económico que hay, siendo su luz comparable á la eléctrica por su color blanco, y sin las oscilaciones del petróleo y del gas del alumbrado. Dichas lámparas son inexplosivas, pudiendo llevarse en la mano, colocarlas sobre una mesa o colgarlas. Las hay de diferentes tamaños, muy cómodas en su manejo y a precios económicos, así como también el carburo de calcio. En la Cedacería y Encuadernación de Adriano Gaute, Méndez Nuñez, 35 (antes Fuente Vieja) Mondoñedo, darán la necesaria explicación para que se vea satisfecho el deseo de los compradores.

Nesta mesma publicación aparecían outros anuncios como o de “Legia Victoria, la mejor para lavados y fregados, en ultramarinos de José Rico Cigarrán” ou “Manuel Cortiñas, pintor y restaurador, se encarga de restaurar toda clase de retablos y efigies. Decorado de iglesias. Precios económicos. Prontitud y esmero”. Era habitual o anuncio de “La Dulce Alianza. Confitería y repostería de Ricardo López”. E incluso publicidade da farmacia do pai de Álvaro Cunqueiro “HALA (parecen letras chinesas). Inhalador para la boca y la nariz propio para llevar en el bolsillo. ¡Gran éxito. Con este inhalador se cura rápidamente el catarro y la tos por rebeldes que sean. De venta en la Farmacia Moderna de Joaquín C. Montenegro. No más tos”.

Se queremos mercar un quinqué, aínda que sexa eléctrico, debemos recorrer aos anticuarios, nunha moblería ou nunha tenda de decoración venderannos unha “lamparita”. “Quinqué» ao igual que “ultramarinos” son termos en desuso, como “prontitud y esmero”. Se o que buscamos é un produto milagre sempre nos quedará a teletenda e para saber o que é unha “cedacería” é bo ter en conta que no obradoiro do músico da banda municipal, Adriano Gaute (oriúndo de Abadín), se facían peneiras.