Zully Moreno, a actriz do Monfadal

Fran Bouso

A MARIÑA

antón caxoto

A «Rita Hayworth arxentina» era neta de Ferreales do Monfadal. tal e como o relata, nun dos seus artigos publicados en «Destino», Álvaro Cunqueiro

20 dic 2016 . Actualizado a las 09:58 h.

Son varias as referencias, incluso orais, que non dubidan en afirmar que Zully Moreno, a «Rita Hayworth arxentina» era neta de Ferreales do Monfadal. Así o relata, nun dos seus artigos publicados en Destino, Álvaro Cunqueiro: «La madre de esta Zully era de una aldea cercana a Mondoñedo, de una familia que llaman los Ferreales. La aldea se llama Monfadal, que puede significar Montefatal o Monte de Hadas. Zully debe ser abreviatura familiar de Zulema, porque una de las primas de la artista, que yo conozco, una morochita, se llama así...». Relata Cunqueiro que se proxectou en Mondoñedo -supoño que no Cine Pacheco ou no Principal Cinema- unha película protagonizada por Zully: «Bajó, naturalmente, todo Monfadal a la ciudad a ver a la niña, y al frente el abuelo Ferreal. Pero el asunto de la película era una tristísima peripecia en los bajos fondos bonaerenses, y la bella Zully andaba en la mala vida, amando y llorando y cantando tangos y milongas, aunque creo recordar que todo terminaba bien y la niña se enmendaba en el matrimonio. Pese al final feliz, el Ferreal viejo se sintío ofendido...».

Juan Soto, Cronista oficial da provincia de Lugo, escribe nun artigo titulado «Rescate del tiempo ido»: «La madre de Zully era de Mondoñedo, de la familia de los Ferreales, en Monfadal, un barrio de la parroquia de O Carme. Pero nunca se vio que mostrase interés por conocer el lugar de sus orígenes. Peor para ella. En Argentina la consideraban poco menos que una gloria nacional. Guapa sí era. Y mucho». Equivócase o cronista ao afirmar que a actriz non se interesara por coñecer Mondoñedo. Tal e como me comentaron algúns parentes, Zulema Esther González Borbón (ou Bordón, como aparece nalgúns escritos), visitou as terras de procedencia da súa nai na década dos setenta do pasado século.

Pero como é posible que sexa parente dos Ferreales e que non leve o apelido “Díaz” coma eles?

Segue a ser un misterio. A pesar de buscar e de pedir axuda para tentar resolver a conexión, aínda non se deu esclarecido. Zulema tiña un irmán, Alberto Óscar González, un home de negocios relacionados co espectáculo, o teatro o cine e a televisión e o seu segundo apelido (supostamente Borbón) nunca aparece en ningún documento público. Ben é certo que, por influencia italiana, os arxentinos só empregaban de maneira oficial un só apelido, polo que é doado que para rodearse dun halo de maior “glamour” a actriz se vestise cun segundo tan singular. Tamén puidera ser que Cunqueiro non estivese no certo e que en lugar de ser mindoniense a nai de Zully, o de Mondoñedo fose o pai. Eu non o creo porque seguindo aparecen referencias na prensa galega do século pasado nas que se vincula a Zully Moreno con Tui (Pontevedra) por ser natural desta localidade o seu pai.