Mostra Folk no Valadouro

La Voz O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

.

A asociación Amado Lar organiza mañán a XXVIII Mostra Folclórica Popular do Valadouro, ás 20.30 horas na praza de Ferreira

02 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Amado Lar organiza mañán a XXVIII Mostra Folclórica do Valadouro que terá lugar na praza de Santa María a partir das 20:30 horas. Actuarán os grupos da Asociación de Baile e Música Tradicional La Xordia, de Oviedo; da Sociedade Cultural Airiños dos Carrís, de Cerdido, e do colectivo anfitrión: a Asociación Cultural Amado Lar.

O evento foi presentado polas representantes da xunta directiva da asociación Amado Lar Mari Carmen Lorenzo, Esther Cora e Nuria García; polo concelleiro de Cultura, Eduardo Chao, e o técnico municipal de Cultura, Juan Novás.

Nuria García explicou que «haberá un pasarrúas que se fai desde a Casa da Cultura de Ferreira ata a praza Santa María, que é onde nos xuntamos todos. Este ano somos tres grupos e faremos alí as actuacións”. A entrada é de balde e colabora a Concellaría de Cultura do Concello de O Valadouro. Se chove sería na Casa de Cultura.