«Os libreiros din ?volvemos? a Viveiro»

A Feira do Libro pechou onte as súas portas cos expositores moi satisfeitos


VIVEIRO / LA VOZ

Positiva. Esta foi a valoración inicial feita onte polos expositores da Feira do Libro de Viveiro na última tarde de apertura. Maricarmen Lage (Pedeboi-Viveiro, 1952), coordinadora da cita, recolleu o sentir dos libreiros: «Dixeron que para o ano volven. Están todos contentos. Foi un éxito».

-¿Cales foron os libros máis vendidos, en adultos e infantil?

-Anxo negro de Manuel Gago, O espello do mundo de Ramón Nicolás, El desastre que dejas de Carlos Montero e Horta ecolóxica de Xan Pouliquén. Para adultos, foron dos máis vendidos. Para pequenos vendeuse moi ben Kalandraka e Patrulla Canina.

-¿Como foi o nivel de público?

-Ben. Pero aquí sempre a feira depende do tempo. Cando quenta o sol hai menos xente porque aproveita os días de praia. Se está nubrado, mellor. E a última hora sempre hai moita xente.

-¿Cal foi o perfil do visitante?

-Houbo un pouco de todo. Moitos turistas veñen preguntar por libros para os nenos, outros aproveitan que hai o 10% de desconto e así veñen á feira. Tamén tivemos un público moi importante, o pequeniño, incluso daqueles que aínda non saben ler. Como libreira emocióname ver os nenos en brazos da mamá ou do papá que collen libros para ler na noite. Lles están ensinando que a feira do libro é importante. E igual que lles ensinan a falar, andar ou comer, tamén a ler.

-¿Que papel ten esta feira?

-A función é achegar o libro ao público, que aquí non ten que entrar nun local. Hai xente acostumada a entrar na libraría á que lle pode dar pereza mercar un libro, pero na feira menos. Podes tocalos e miralos igual que na libraría pero na feira é distinto.

-¿Vaise recuperando o sector?

-Lentamente pero si. Estiven escoitando comentarios de xente que dicía que xa tiña tal libro no iPad. ‘Pero a min gústame ter aquel libro durante anos e manosealo, saber en que paxina vou’ din outros. Penso que o do iPad vai ir desaparecendo.

Versos de Manuel María en balcones del centro de Ribadeo

La actividad «Palabras no balcón» vuelve a cobrar vida en Ribadeo de la mano de la Agrupación Cultural Francisco Lanza, «colgando» versos de Manuel María, homenajeado en las Letras Galegas 2016, en balcones del centro de la localidad, concretamente en las calles San Roque y Reinante y en el parque de San Francisco. Dores Fernández, de la organización, agradeció a Neves Paz y Mercedes Queixas la selección poética que realizaron.

Foz sale hoy a la calle para abrir su cita literaria

Hay que estar pendientes hoy del cielo porque la primera cita del programa de la XXXI Feira do Libro de Foz que organiza la Federación de Libreiros de Galicia es una representación callejera. Este año se ha elegido como novedad el formato al aire libre para ir calentando motores, a través de un espectáculo llamado «Só pode ser... a Feira do Libro», a cargo de Roberto Casas y Bea Bravo. Está previsto para las 12.00 en calles focenses, pero pendiente, reiteró ayer Cielo Fernández (Libraría Bahía de Foz), de la climatología.

Volverá a tener lugar en el exterior a la misma hora mañana, jueves, primer día de la feria que será inaugurada a partir de las 19.00 con el pregón del escritor Farruco Graña. Fernández señaló que la edición de 2016 va a contar con la presencia de los siguientes expositores, entre ellos, algunos que vendrán a la Praza Conde de Fontao por primera vez. Es el caso de la Editorial Planeta y de Arigató de Pontevedra, negocio especializado en el mundo del cómic y del manga. Vuelve a Foz Pedreira de Santiago de Compostela y librerías fieles a la cita focense como la también compostelana Aenea o Cartabón de Vigo, así como las mariñanas Bahía de Foz y Nobel de Burela. La Deputación Provincial de Lugo cuenta con expositor propio.

La feria focense, una de las más longevas en Galicia, abrirá, cabe recordar, hasta el domingo 21 en el mismo enclave de siempre, en la Praza Conde de Fontao, en horario de 17.30 a 22.00. A última hora habrá sorteo de libros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Os libreiros din ?volvemos? a Viveiro»