29 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.
Averdade é que Mondoñedo ten un novo tesouro, alomenos para os peregrinos que fan o Camiño Norte: é este novo albergue de Ángeles Montero. Bonito e moi acolledor. E ten unha cousa máis a maiores, moi importante, tal vez a máis importante, a atención -e o cariño tamén- que pón esta muller. A súa ilusión con esta nova iniciativa empresarial que dá vida tamén a Mondoñedo.
O Camiño Norte tomou unha maior dimensión despois de ser declarado Patrimonio de Interés Mundial pola Unesco o pasado ano. Seguro que iso supón un impulso para esta ruta xacobea. E iniciativas como esta de Ángeles Montero, da familia Montero, xeran nova vida ao Camiño e a Mondoñedo.
Parabéns sinceros e moita sorte.