«Pecho os ollos e véxoo, pero o mar é a nosa vida, seguirei»

O supervivinte do tráxico accidente intentou axudar ao falecido


viveiro / la voz

Tardará en esquecer o tráxico accidente no que antonte perdeu a vida o seu compañeiro José Pigueiras Devesa. El é José Manuel Palmeiro Ramil, de 48 anos e patrón do pesqueiro celeirense Nuevo Nazareth. Na costa de Xove, en Punta Fondás, frente ás pequenas illas de Os Netos, traballaba ao lado de José Pigueiras.

 Eran dous dun grupo de cinco percebeiros. De súpeto, un golpe de mar arrastrounos, pero el foi quen de agarrarse ás rochas e de salvar a vida. Vintecatro horas despois, mentras agarda asistencia médica en Viveiro, Palmeiro Ramil repasa o vivido: «Pecho os ollos e véxoo, teño a súa imaxe gravada». Aos seus 48 anos, despois de «toda a vida no mar e de 16 anos ao percebe», explica que toca «mirar para adiante, porque o mar é a nosa vida». A conmoción de ver a un compañeiro «flotando no mar» e non poder facer non cambia unha realidade pola que «seguirei no mar, xa que o goberno non mantén á familia».

José Manuel Palmeiro rememora o que pasou o mércores pola tarde, cando collían percebe en Punta Fondás. «Veu un golpe de mar e tirounos. Eu agarreime ás rochas e, cando mirei para atrás, vinno debaixo do mar, pero saiu a flote e braceaba, para que o mar no botara contra as pedras». Dou a voz de alerta e pideu un cabo, «co que quería amarrarme e tirarme ao mar, a ver se o collía e o traía». Para entón, José Pigueiras «flotaba», sen que poideran facer nada por el porque «a corda non me daba para chegar a onde estaba».

Mentras, outro compañeiro avisaba ao 112, que mobilizou ao helicóptero Pesca 2 e á lancha Salvamar Alioth. Non perderon de vista a José Pigueiras. «Tiñamos o corpo localizado, flotaba, e dixemoslle aos do helicóptero onde estaba». O rescatador da aeronave baixou e colleuno, «a uns 300 ou 400 metros» do sitio de onde o arrastrou o mar. Trasladouno ao Hospital da Costa, onde xa entrou cadáver.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Pecho os ollos e véxoo, pero o mar é a nosa vida, seguirei»