«Vexo aos gandeiros con desánimo; non pola cooperativa, pola situación xeral»

José Francisco Alonso Quelle
JOSÉ ALONSO RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

«Baixamos ventas por segundo ano consecutivo pola crise do sector e pola baixada do prezo do pienso», aclara

23 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

José Ángel Blanco, presidente da cooperativa Os Irmandiños, presentará hoxe no auditorio municipal de Ribadeo as contas do 2015 na asemblea xeral da cooperativa. Un ano no que non se cumpriron as expectativas, no que baixaron as ventas un 10,99%, con unha facturación total de 32.643.319 euros, case catro millóns menos que no 2014. No 2105 Os Irmandiños solo aumentou os ingresos da tenda, un 0,78%, mentres que as ventas do CAVI baixaron un 11,64 %, as da fábrica de piensos un 6,75 %, as de fertilizantes un 5,93 % e as de cultivos e mecanización un 14,33%

Con todo, o patrimonio de Os Irmandiños subiu un 6,78 %, alcanzado un importe de 7,2 millóns. E mantense estable o número de socios, sendo a 31 de decembro de 2015, 1.091. Os Irmandiños cerrou o ano con 91 empregados.

-¿A que atribúe a baixada das ventas?

-Os Irmandiños depende en unha porcentaxe moi alta da gandería de leite, e da situación do sector leiteiro pouco hai que dicir. Os gandeiros recortamos os gastos e as empresas lácteas poñen un límite moi importante á produción, e como consecuencia a facturación baixa, polos recortes dos gandeiros e pola baixada das materias primas que, por sorte para todos, supuxo que o prezo do pienso tamén baixara.

-Os Irmandiños encadea dous anos seguidos baixando ingresos. ¿Cales son as previsións?

-Esperamos que o prezo do leite tocara fondo, que non siga caendo e que o panorama mellore.

-E aos gandeiros, ¿como os ve?

-Con desánimo, non pola cooperativa senón pola situación xeral. Tiñamos unhas expectativas de crecemento porque todos os expertos falaban de que a partir de marzo do 2015 a baixada do prezo do leite íase compensar co incremento da produción. Estabamos preparados para iso, pero non para que unha vez eliminaron as cotas lácteas, agora resulta que son as empresas a que marcan o límite coa recollida, co cal estamos peor ca antes. Tamén coa PAC houbo cambios e os pagos retrasáronse moito.

-¿Que queda do plan estratéxico 2014-2016 de Os Irmandiños?

-Seguimos na mesma liña. Os obxectivos están aí, diversificar e ampliar servizos, abrir a gasolineira, ampliar a tenda... o que ocorre é que as inversións da cooperativa van en función do sector, e cando o gandeiro está pasando por dificultades a cooperativa ten que moderar a súas inversións. Os prazos van retrasados, pero mantemos os obxectivos. A gasolineira está lista, solo falta que nos dean os permisos finais e botar o combustible nos tanques para comezar a servir. E a tenda ampliarase. Cando o sector lácteo está mal, a cooperativa aguanta con outras seccións que non dependen tanto do leite.

-¿E os avais de Os Irmandiños a outras cooperativas e empresas?

-Se a cooperativa xera beneficios ten que investir no sector, na Unión de Cooperativas Lácteas, coa que compramos Clesa, ou no tema da carne, que agora non está tan ben, pero que é un sector polo que tamén apostamos As cousas non van tan mal. Estamos en un período complicado, tivemos unha baixada na facturación, pero se mantemos os socios e en algúns sectores aumentamos ventas, remontaremos.

josé ángel blanco

«Mantemos o plan estratéxico; abrir canto antes a gasolineira e ampliar a tenda»

«¿Previsións? Esperemos que o prezo do leite tocara fondo e que o panorama mellore»