A partir de 12 anos, este venres
03 may 2016 . Actualizado a las 18:11 h.Nótase que o verán está ás portas. Co bo tempo xurden xa as iniciativas propia da época. Así, a praia do Torno, de San Ciprián, acollerá unha xornada dedicada ao paddle surf este venres, día 6, a partir das 17:30 horas.
Esta actividade, dirixida a mozos e mozas a partir de 12 anos de idade, está organizada pola Delegación Municipal de Xuventude, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, quen explicou que os interesados en participar deben inscribirse previamente.
Os e as xóvenes que estean interesados poden apuntarse na Casa do Mar, de San Ciprián chamando ao teléfono 691.65.66.00 ou a través do correo electrónico dinamizacion@concellodecervo.com.
A actividade será impartida por Limosa Surf School.
O paddle surf está en auxe e é unha modalidade deportiva que atrae a moitos xóvenes especialmente na tempada de verán nas augas calmas coma estas das rías mariñanas.
Unha boa iniciativa esta de Cervo para esta fin de semana despois dos exames da semana e das clases para despexarse e cobrar forzas para afrontar o final de curso.