O?intento? de traballar unidos os concellos mariñáns a prol da promoción turística é cuestión que ven de vello. O 23 de novembro de 1968, hai preto de medio século, no pleno do concello focego dábase conta do escrito do Vicedo, no nome dos alcaldes do litoral, interesando a constitución dun órgano para o fomento do turismo que o formarían Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo. Os edís focegos aceptaron a proposta e a constitución da que se chamou ?Mancomunidad Turística de la Costa Lucense? e designaron representante na mesma ó alcalde Pepe Beltrán, que logo sería elexido presidente. Por aquelas datas este cronista cumpría funcións de corresponsal de prensa, o que facía que asistira ás reunións da mesma. Son moitos anos e pérdese a memoria dos feitos, pero aínda así lembramos cómo era imposible lograr que ás xuntanzas asistisen a totalidade dos membros; que maiormente carecían de ideas ou cómo afloraban a cada intre as actitudes localistas e irracionais, en contraposición co talante aberto, obxetivo e solidario que son premisas sine qua non para que as accións fructifiquen; e nesas estamos? ¡nada novo hai baixo o sol!.
Digamos que os concellos vivían unha auténtica penuria económica con presupostos irrisorios, carentes de medios, o que moitas veces impedía materializar o proxecto máis modesto; e que tampouco os gobernantes, alcaldes e demais, percibían as xenerosas retribucións actuais xustificadas cos eufemismos de ?dedicación exclusiva?, ou ?parcial?, ?asistencia a comisións?, ?dietas? etc., cando a cotío se fala de ?altruismo?, ?amor ó pobo?, de ?transparencia? e de tanta demagoxia incorporada á dialéctica dos políticos? Estaban entón de moda os ?slogans? que, con marchamo publicitario, dalgún xeito definían as distintas zonas: ?Costa del Sol?, ?Costa Brava?, ?Costa Dorada?? A nosa sería, en adiante, ?La Costa de Las Mil Playas?. A acción divulgativa foi tan pobre que apenas chegou a coñecerse, igual que ocorre con ?Máxica por Natureza?: o cronista soubo dela por adiantar pola estrada nalgunha ocasión o autocar de Morán que o lucía en senllos costados; non máis.
En tantos anos, os políticos mariñáns, a parte de ir a Fitur, ?en longa riola?, como Curros Enríquez dicía que os rapaces da escola seguían ó gaiteiro de Penalta, se pode decir que a laboura quedou reducida ós insistentes anuncios (foguetes) de iniciativas que endexamais se consumaron. A evidencia fixo que este cronista, o día 13 de maio do 2015 publicara un comentario que titulou: ?¿Gobernantes ou fogueteiros??.¿Ata cando haberá que facerse a mesma pregunta?...