O mago Rafa amenizará a cea «máxica» que ofrecerá o local este sábado
12 nov 2015 . Actualizado a las 13:51 h.A ilusión nunca debe faltar, en ningunha esfera da vida, sexa persoal ou profesional. Coma a ilusión que lle poñen os cociñeiros da Mariña ao seu oficio. Así mesmo o vive Carmen García, cociñeira no hotel O Cabazo de Ribadeo que precisamente este fin de semana (sábado 14) é un dos participantes do programa Mes da Maxia da Mancomunidade de Municipios da Mariña.
-¿Como está a resultar a mestura de maxia e gastronomía?
-¡Fantástica! Para nós é un día que estamos esperando con ilusión porque sempre nos funcionou moi ben, dende o primeiro ano e este é o cuarto. De feito temos clientes que repiten ou mesmo nos din que os avisemos para o ano seguinte. A verdade é que a nós funcionamos de marabilla. Ademáis, o facemos con ilusión, decoramos o restaurante, disfrutamos moito esa noite.
-Xa sería moito que o mago conseguise transformar un vaso de auga nun cocido, ¿verdade?
-(Ri) Nunca pillamos un truco pero si, iso xa sería total. Con calquera dos magos, moi ben.
-¿Cal é o menú «máxico» que ofrecerán este sábado, día 14?
-Un entrante, Pócima de Panoramix, crema de marisco con picatoste de centeo e capricho de langostino con puré de mantequilla. Un primeiro, Manxar de sereas, láminas de bacallau ao forno con patacas, salsa de tomate e bechamel. Un segundo, Estofado da festa meiga, xarrete estofado con verduras. E de postre, A sobremesa das fadas, croquetas doces de mazá reineta. Máis viño, auga, café ou infusión. Son 25 euros por persoa, non é caro.
-A cita ofértase ás familias. Xa podía tamén o mago facer que os nenos comesen máis verdura.
-Os nenos sempre axudan ao mago. Lembro un pícaro que nos fixo rir. Cada vez que o mago pedía un voluntario apuntábase el. Dunha vez pideu unha señora casada e o neno dixo: «¡Miña nai!».
-¿Cre que Mes da Maxia é útil á hora de dinamizar a hostalería?
-Creo que si porque moitos dos clientes veñen de fóra, algúns ex profeso e se aloxan no hotel, saen polo pobo e supoñemos que gastan. Outros veñen cear porque ven o mago. A verdade é que penso que o Mes da Maxia é unha forma de chamar a xente, porque novembro soe ser un mes triste.
-Tamén os cociñeiros fan a súa «maxia» na cociña transformando os alimentos en pratos exquisitos.
-Bueno, esa é maxia real. O noso oficio pode aprendelo calquera pero o do mago si que me parece máis difícil. Todo o que sexa maxia é bo e mentres as cousas se fagan con ilusión...
Máis: www.mesdamaxia.com.
Río de Oro (Cervo)
Conxuros do mestre, Embruxo da terra sobre o mar, Maxia branca e Feitizo de Inverno. Ameniza o mago Rafa.
A Yenka (Barreiros)
Trucos e tratos, O príncipe encantado, Escoba voadora e O Rei de Bastos. Ameniza Teto.
A Garita (Ourol)
Tridente mariño, Pote do demo, Sortilexio da terra e Pecado Máxico. Tamén oferta un menú infantil. Ameniza Teto.