O Coro da Mariña terá a súa presentación este sábado

RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Xunto a Pierrot Rougier, Ugía Pedreira promove o coro.
Xunto a Pierrot Rougier, Ugía Pedreira promove o coro. MARTINA MISER< / span>

A Escola Vella de Rinlo é o lugar elexido para o acto

21 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Rinlo en Ribadeo, concretamente a Escola Vella, é o lugar elexido por O Cantal, a asociación de veciños da parroquia ribadense para presentar O Coro da Mariña no que tamén están poñendo toda a carne no asador á hora de captar voces a cantante mariñana Ugía Pedreira xunto ao bretón Pierrot Rougier.

A Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento «apoia este encontro de voces desde o horizonte mariñao porque é unha forma de indagar no pequeno movemento para crear unha grande aprendizaxe individual e social». Aínda hai cabida para máis interesados neste proxecto, poden chamar ao teléfono de contacto 627 934 368.