Na morte de Queralt Blanch

A MARIÑA

21 may 2014 . Actualizado a las 15:04 h.

Adeus a Juan Queralt Blanch. Adeus ao artista catalán que quixo e se fixo querer nesta Mariña. A noticia colleunos a moitos co pé cambiado, e cun café pendente.

Coñecín a Queralt o 23 de febreiro do 2012, e teño a sensación de que levo media vida tratando con el. Coñecino o mesmo día que me abreu as portas de San Martiño para amosarme a obra dun gran mural sobre San Rosendo -que iniciou no 2009- e que tiña previsto expoñelo no futuro museo da basílica. Alí organizou visitas escolares, e máis tarde daría a coñecer a súa obra «El Quijote y los Derechos Humanos» no Forte de San Damián (Ribadeo), e nas Carboeiras, en Cervo, Concello ao que lle regalou unha obra pola Festa do Ourizo. O alcalde cervense fixo público o seu pesar e o do Concello polo pasamento do artista, membro de honra da Confraría do Desencravo de San Martiño e que agora tamén participaba nunha exposición colectiva no Cenima. Ata sempre ao quixotesco Queralt.