Carlos Breixo: «Defendo a hipótese de que Pardo de Cela está enterrado en Viveiro»

Mar García Balseiro
MAR G. BALSEIRO VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

JOSÉ PARDO

O investigador falará mañá na cidade do Landro da figura do Mariscal

03 abr 2014 . Actualizado a las 14:52 h.

O xenealoxista e investigador Carlos Breixo falará mañá en Viveiro da figura do mariscal Pardo de Cela e os seus vínculos coa cidade do Landro. A charla está organizada polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro (20.30 hora, salón de actos de Caixa galicia).

-¿Qué aspectos abordará?

-Vou facer fincapé nas orixes do Mariscal en Viveiro, por liña materna, no século XIII. Éun personaxe controvertido, se magnificou moito por parte dos cronistas da época, por parte dos Reis Católicos. Pardo de Cela non tivo quen lle escribise a súa historia, mentres que os Reis Católicos si. Seguro que houbo coplas cando morreu e despois polas feiras da comarca como pasou con outros individuos como Mamed Casanova na zona de Mañón a comezos do século XX. Iso é literatura, o que temos que facer é discernir o que é historia ou literatura.

-O gran misterio é onde está enterrado.

- Pardo de Cela no seu testamento ten un recordo especial para Viveiro. Manda claramente enterrar o seu corpo na igrexa onde falecese, como el era un fidalgo podía morrer en calquera sitio, e el sabíao, pero deixou escrito claramente ?cando os meus ósos sexan gastados me enterren na sepultura onde xa está Fernan Rodríguez de Aguiar, o meu bisavó, en San Francisco de Viveiro. é a última vontade do Mariscal, porque seguramente pasou máis tempo en Viveiro de rapaz do que se cadra podemos pensar. O mariscal non tivo fillos homes lexítimos, tivo un ilexítimo, natural, e deixou a un sobriño, Rui González Ribadeneira e á súa propia muller como testamenteira, pero ese sobriño traizoouno. A propia filla do Mariscal, prima de Rui González ten que denunciar ao seu primo porque non cumpriu con manda do mariscal, que retivo e usufructuou as propiedades do mariscal. É a filla do mariscal, dona Beatriz, quen segue denunciando aos seus parentes polos bens.

-Vostede defende que está na igrexa de San Francisco

-A mediados do século XVI localicei un preito na Coruña onde os bisnietos do mariscal son denunciados polos franciscanos de Viveiro porque o mariscal mandou 500 maravedíes para unha serie de misas en San Francisco en Viveiro. Os franciscanos seguíanas dicindo todos os anos, e os últimos, eses parentes non pagaban as misas. A miña hipótese é, ¿nun momento dado dona Beatriz mandou traslador os ósos do seu pai? ¿é posible e que os metesen na sepultura do bisavó, Fernán Rodrígo de Aguiar, na capela dos Galo en San Francisco? Tamén é posible. ¿Por que non aparece a lápida aínda que dixeron que nos anos sesenta aparecese unha lápida do mariscal en Mondoñedo?, para nada. En Mondoñedo non hai unha lápida do mariscal. Había outro Pardo de Cela que era dos de Castroverde que se enterrou en Mondoñedo. Localicei o testamento do seu irmán onde recoñece que tamén ten que cumprir esa manda. En Mondoñedo hai un Juan Pardo de Cela...oficialmente agora mesmo non podemos asegurar en que sitio exacto están.