Como portavoz da plataforma de veciños, no seu nome, quixera dicir dúas palabras. Primeiro de agradecemento a moita xente, empezando pola Deputación de Lugo, que fai un esforzo colosal para convertir en realidade esta idea; á Xunta tamén, na medida que lle corresponde, en espera de que siga facendo esforzos, e sobre todo aos compañeiros das asociacións e aos que son membros da comisión municipal, aos portavoces dos partidos políticos que sempre dende un principio, formando unha piña, conseguimos levar isto a bo termino. Porque no mundo, as grandes cousas da vida fixéronse porque a xente creu en utopías. As utopías non son quimeras; as quimeras non son realizables, pero as utopías si, e eu crin nelas. Crin nelas porque algúns veciños de este concello me obrigaron a crer nelas, e esta mensaxe, esta necesidade trasladeina á autoridade municipal, que nese momento era o alcalde actual, Fernando Suárez. E aínda que nun principio recolleuna con certa escepticismo, sen embargo tardou pouco tempo en convertela na nena dos seus ollos, para levala a cabo con moita ilusión, e así o esta facendo. Polo tanto, tamén para el un agradecemento moi especial.
No seu momento, cando isto se confirme teremos unhas palabras definitivas para todos os veciños do concello de Ribadeo e para todos os que colaboraron con esta idea.
Intervención de José María Rodríguez, portavoz de la plataforma de asociaciones de vecinos y miembro de la comisión municipal, en el acto en el que Antonio Veiga anunció la inversión excepcional de la Diputación que garantiza la construcción de una nueva residencia de ancianos en Ribadeo.